Saltar ao contido

Quen enganou a Roger Rabbit?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quen enganou a Roger Rabbit?
Ficha técnica
Título orixinalWho Framed Roger Rabbit
DirectorRobert Zemeckis
ProdutorSteven Spielberg
Frank Marshall
Robert Watts
GuiónJeffrey Price
Peter S. Seaman
Baseado enWho Censored Roger Rabbit? de Gary K. Wolf
IntérpretesBob Hoskins
Christopher Lloyd
Charles Fleischer
Stubby Kaye
Joanna Cassidy
MúsicaAlan Silvestri
FotografíaDean Cundey
MontaxeArthur Schmidt
EstudioAmblin Entertainment
Walt Disney Feature Animation
Silver Screen Partners III
DistribuidoraTouchstone Pictures
Estrea1988
Duración104 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCine negro, Animación
Orzamento$70 000 000[1]
Recadación$329 800 000
Na rede
IMDB: tt0096438 Filmaffinity: 416057 Allocine: 4066 Rottentomatoes: m/who_framed_roger_rabbit Mojo: whoframedrogerrabbit Allmovie: v54379 TCM: 95710 Metacritic: movie/who-framed-roger-rabbit TV.com: movies/who-framed-roger-rabbit Netlix: 60027274 Editar o valor en Wikidata

Quen enganou a Roger Rabbit? (en inglés: Who Framed Roger Rabbit) é un filme estadounidense dirixido por Robert Zemeckis que se estreou en 1988. Baséase na novela Who Censored Roger Rabbit? de Gary K. Wolf.

Hollywood, 1947. Eddie Valiant (Bob Hoskins), un detective de pouca monta, foi contratado para atopar probas que demostren que Marvin Acme, magnate do negocio dos artigos de broma e dono de Toontown, está rondando a Jessica Rabbit, muller fatal e esposa da superestrela do Marron Cartoon, Roger Rabbit. Cando Acme aparece asasinado, todas as probas apuntan a Roger, e o sinistro e ambicioso Xuíz Doom (Christopher Lloyd) está decidido a condenalo como sexa. Roger suplica a Valiant que lle axude a atopar ó verdadeiro culpable, pero o asunto irase complicando a medida que Eddie vai descubrindo, escándalo tras escándalo, que a propia existencia de Toontown corre perigo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1988: 3 Oscars: Mellor montaxe, efectos visuais e efectos de son. 6 nomeamentos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]