Saltar ao contido

Puscifer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puscifer
Maynard James Keenan con Puscifer en Coachella
OrixeCalifornia,
Período1995 - presente
Xénero(s)ambient, comedia, experimental, post-industrial, trip hop
Selo(s) discográfico(s)Puscifer Entertainment
MembrosMaynard James Keenan
Carina Round
Mat Mitchell
Na rede
puscifer.com
Facebook: PusciferMusic Twitter: puscifer Instagram: puscifer MySpace: censorshipisacancer Youtube: UC785-HQxHra3bWY4HhVNFzw Spotify: 2pAajGWerK3ghwToNWFENS iTunes: 48261730 Last fm: Puscifer Musicbrainz: 6e4277d8-7b64-44a3-b823-13bd15114e22 Songkick: 594931 Discogs: 279194 Allmusic: mn0000314056 Deezer: 8030 Editar o valor en Wikidata

Puscifer é un proxecto paralelo de Maynard James Keenan, membro das bandas Tool e A Perfect Circle. Como Keenan é o único membro permanente e el considera ao proxecto o seu "subconsciente creativo", Puscifer podería considerarse un seudónimo para o seu traballo en solitario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O nome orixinal do proxecto foi Umlaut, e o nome de "Puscifer" apareceu por primeira vez como unha banda ficticia no primeiro episodio da serie Mr. Show, na que estaban Keenan e Adam Jones como membros. Jones non está asociado de ningún xeito con Puscifer, aínda que algunhas das súas ilustracións apareceron na roupa do proxecto (a camiseta "Your Mom's a Bitch").

Puscifer é "tanto unha tenda de roupa como unha banda", coas pezas de roupa producidas en cantidades limitadas. Keenan colaborou nunha chaqueta de coiro con deseñador Paul Frank. O 16 de setembro do 2008, Keenan actualizou o blog de puscifer.com, revelando que a primeira tenda Puscifer abriría o 1 de outubro en Jerome, Arizona. Finalmente abriu o día 3 de outubro, ocupando un pequeno espazo enriba dun salón de tatuaxes. Ademais, a mercadoría está dispoñible na tenda online da banda.

"V" Is for Vagina

[editar | editar a fonte]

O 10 de abril do 2007, Keenan posteou na páxina oficial que lanzaría un disco a mediados de outubro.[1] Unha nova actualización o 25 de xuño dicía que Joe Barresi mesturara a primeira canción, que tería un vídeo musical, ademais dunha versión alternativa de "Cuntry Boner", e que podería ser editada como sinxelo en CD con cancións extra. Keenan e Alan Moulder realizarían unha nova mestura en agosto.[2]

Keenan anunciou cara finail de xullo que o álbum recibiría o título de "V" Is for Vagina e, poucos días despois, anunciou que o primeiro sinxelo sería "Queen B." que tería un vídeo lanzado a finais de setembro. O 1 de outubro "Queen B." apareceu como podcast en puscifer.com. A isto seguiulle o podcast de "Trekka" o día 7. O álbum foi publicado o 30 do mesmo mes e estreouse no número 25 da lista Billboard 200, ademais de acadar o primeiro posto da Billboard Indie.

O 17 de outubro do 2008 apareceu un vídeo musical oficial para a canción "Momma Sed" na canle de YouTube da banda. Un novo álbum de remesturas feito completamente por Lustmord apareceu na tenda oficial en liña, o seu título é "D" is for Dubby - The Lustmord Dub Mixes.

"V" is for Vagina vendeu ao redor das 112.000 copias.

"V" Is for Viagra. The Remixes

[editar | editar a fonte]

Un álbum de remesturas titulado "V" Is for Viagra foi lanzado o 29 de abril do 2008. Contén 10 remesturas de temas do disco "V" Is for Vagina, ademais de dúas remesturas de cancións do sinxelo "Cuntry Boner", que non aparecen no álbum. No álbum hai remesturas de Dave "Rave" Ogilvie (Skinny Puppy), Lustmord, Renholder, Paul Barker (Ministry) e Telefon Tel Aviv entre outros.

Dous dos temas do álbum, "Indigo Children (JLE Dub Mix)" e "Momma Sed (Tandimonium Mix)", aparecen na banda sonora oficial do videoxogo Need for Speed: Undercover. "V" Is for Viagra vendeu unhas 23.000 copias.

"C" Is for (Please Insert Sophomoric Genitalia Reference HERE)

[editar | editar a fonte]

"C" Is for (Please Insert Sophomoric Genitalia Reference HERE) foi anunciado a través da páxina de Puscifer e de toolarmy.com o 17 de outubro do 2009 e foi editado o 10 de novembro dese ano. O EP contén seis temas; catro deles inéditos ata ese momento, e dous gravacións ao vivo de cancións de "V" is For Vagina, gravadas na xira do 2009 no Club Nokia.

"C" Is for (Please Insert Sophomoric Genitalia Reference HERE) vendeu 10.000 copias.

Conditions of My Parole

[editar | editar a fonte]

"Man Overboard", o primeiro sinxelo do novo álbum de Puscifer, estivo dispoñible a través de iTunes e outros servizos en liña o día 19 de xullo do 2011.

Conditions of My Parole, como foi titulado o traballo, foi gravado na primavera do 2011 baixo a produción de Maynard James Keenan, Mitchell e Josh Eustis. No disco contribuíron ademais dos tres produtores Carina Round, Juliette Commagere, Matt McJunkins, Jeff Freidl, Gil Sharone e Rani Sharone, Jonny Polonsky, Tim Alexander, Devo Keenan, Alessandro Cortini, Sarah Jones e Jon Theodore.[3] O disco lanzouse o 18 de outubro de 2011. O álbum estreouse no número 27 das listas da Billboard tras vender 12.111 copias na súa primeira semana.

Donkey Punch the Night

[editar | editar a fonte]

Donkey Punch the Night anunciouse o día 19 de novembro de 2012 elanzouse o 19 de febreiro do ano seguinte. O EP, formado por sete cancións, apareceu inicialmente en formato dixital e en CD e o día 12 de marzo editouse tamén en vinilo. No traballo inclúese unha versión do tema de Queen "Bohemian Rhapsody", ademais dunha versión de "Balls to the Wall" de Accept.[4][5][6]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
"V" Is for Vagina 2007 Sony BMG, Puscifer Entertainment
Conditions of My Parole 2011 Puscifer Entertainment
Money Shot 2015 Puscifer Entertainment
Existential Reckoning 2020 Puscifer Entertainment

Álbums de remesturas

[editar | editar a fonte]
  1. "Spring Sprung". Puscifer.com. 2007-07-24. Archived from the original on 24 de xullo de 2007. Consultado o 2020-04-19. 
  2. "Muzak soon". Puscifer.com. 2007-09-28. Archived from the original on 28 de setembro de 2007. Consultado o 2020-04-19. 
  3. "PUSCIFER: 'Conditions Of My Parole' Artwork Unveiled | Rock Report | www.kissrocks.com". web.archive.org. 2011-08-28. Archived from the original on 28 de agosto de 2011. Consultado o 2020-04-19. 
  4. "Puscifer announces new EP: Donkey Punch The Night". Consequence of Sound (en inglés). 2012-11-19. Consultado o 2020-06-02. 
  5. "Puscifer Cover Queen on 'Donkey Punch the Night' EP". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-06-02. 
  6. Hartmann, Graham. "Maynard James Keenan's Puscifer to Release 'Donkey Punch the Night' EP in Early 2013". Loudwire (en inglés). Consultado o 2020-06-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]