Proximidades Barcelona
Proximidades Barcelona (en catalán: Rodalia de Barcelona) é un servizo de transporte público de trens de proximidades na área metropolitana de Barcelona. Hai dúas compañías que ofrecen servizos de proximidades: Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) e Rodalies de Catalunya operado por Renfe Operadora.
Renfe opera os servizos para as liñas de largo ibérico propiedade de Adif. Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Cataluña xestiona o servizo de Renfe Proximidades en Cataluña.[1] Anteriormente ao traspaso do servizo, Renfe explotaba a rede baixo a denominación de Rodalies Barcelona ou Proximidades Barcelona e actualmente o nome comercial utilizado é Rodalies de Catalunya .
Os billetes están integrados ao sistema tarifario, coordinado a través da Autoritat del Transport Metropolità[2] (ATM) e permite enlazar a outras liñas de proximidades FGC-Renfe e co metro, tranvía e autobuses.
Servizos
[editar | editar a fonte]Hai 17 servizos, 8 de Rodalies de Catalunya xestionados por Renfe e 9 por FGC. Todas as liñas de FGC parten de Plaça de Catalunya ou Plaça Espanya. As dúas redes enlazan na estación de Bellvitge/Gornal, en Martorell ou Martorell Central, en Plaça de Catalunya e en Sant Cugat del Vallès/Volpelleres; e nun futuro ás estacións de Terrassa-Estació del Nord e Sabadell-Plaça Espanya.
Nome | << | >> | Operadora | Primeiro servizo | Servizo actual | Estacións | Lonxitude (km) | Largo (mm) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Molins de Rei | Maçanet-Massanes | Renfe | 1848 | 1980 | 31 | 90 | 1.668 | |
Castelldefels | Granollers Centre | Renfe | 1980 | 32 | 133 | 1.668 | ||
Aeroport | Maçanet-Massanes | Renfe | 1.668 | |||||
Sant Vicenç de Calders | Estación de França | Renfe | 1.668 | |||||
l'Hospitalet de Llobregat | Vic / Puigcerdà / la Tor de Querol | Renfe | 1980 | 34 | 77 | 1.668 | ||
Sant Vicenç de Calders | Manresa | Renfe | 1980 | 39 | 1.668 | |||
Pl. Espanya | Manresa-Baixador | FGC | 1912 | 28 | 1.000 | |||
Pl. Espanya | Igualada | FGC | 1912 | 29 | 1.000 | |||
Pl. Espanya | Manresa-Baixador | FGC | 2013 | 20 | 1.000 | |||
Pl. Espanya | Igualada | FGC | 2013 | 21 | 1.000 | |||
l'Hospitalet de Llobregat | Martorell | Renfe | 2005 | 14 | 44 | 1.668 | ||
Martorell | Granollers Centre | Renfe | 26 de xuño de 2011 | 8 | 38 | 1.668 | ||
Pl. Catalunya | Terrassa-Rambla | FGC | 1863-1919 | 16 | 1.435 | |||
Pl. Catalunya | Sabadell-Rambla | FGC | 1863-1922 | 17 | 1.435 | |||
Pl. Catalunya | Rubí | FGC | 14 | 1.435 | ||||
Pl. Catalunya | Universitat Autònoma | FGC | 14 | 1.435 | ||||
Pl. Espanya | Can Ros | FGC | 1912 | 15 | 1.000 | |||
Pl. Espanya | Olesa de Montserrat | FGC | 1912 | 24 | 1.000 | |||
Pl. Espanya | Martorell-Enllaç | FGC | 1912 | 22 | 1.000 |
Material motor
[editar | editar a fonte]- 463, 464 e 465: Material Civia, fabricados por CAF e Alstom, os máis modernos que circulan.
- 447: prestan servizo en tódalas liñas que son explotadas por Renfe Operadora.
- 440: Serie máis antiga do núcleo de Barcelona. Neste núcleo circulan tanto unidades 440 reformadas como sen reformar.
- 450/451: Trens de dous pisos de 6 coches no caso dos 450 e de 3 no caso dos 451.
- 111 FGC
- 112 FGC
- 211 FGC
- 213 FGC: foron construídas por CAF e a antiga Adtranz. Están preparadas para circular por vías de ancho métrico, teñen 108 prazas sentadas e alcanzan unha velocidade máxima de 90 km/h. Prestan servizo nas liñas R-5 e R-6.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Periódico - A Generalitat xestionarà Rodalies a partir do 1 de xaneiro de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ "Autoritat del Transport Metropolita, sistema tarifario integrado.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |