Saltar ao contido

Presidente da Federación Rusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estandarte do Presidente de Rusia.
Vladimir Putin é o actual Presidente da Federación Rusa

O presidente da Federación Rusa ou presidente de Rusia (en ruso: Президент Российской Федерации; ou Президент России tr.: Prezidyent Rossiyskoy Fyederatsii ou Pryezidyent Rossii) é o xefe de Estado e supremo comandante en xefe do Exército. Aínda que a súa presentación constitucional aparenta máis neutralidade, o presidente da Federación exerce de facto xunto co Goberno federal e o seu primeiro ministro o Poder Executivo.

O Presidente da Federación é o garante da Constitución federal e gardián dos dereitos fundamentais do cidadán, e é xunto co Goberno o encargado de velar pola aplicación do poder do Estado en todo o territorio ruso. Salvagarda a soberanía da Federación e a independencia e integridade nacionais, e asegura o funcionamento coordinado e a interacción entre as distintas instancias do poder federal. Así mesmo, corresponde ao presidente federal establecer, de conformidade coa Constitución e as leis, as liñas esenciais da política interior e exterior do país.

O actual presidente da Federación de Rusia é o petersburgués Vladimir Putin, pertencente ao partido conservador Rusia Unida desde o 7 de maio de 2012.

Elección e cesamento

[editar | editar a fonte]

O presidente da Federación de Rusia é elixido polos cidadáns desta nacionalidade mediante sufraxio libre, universal, igual, directo e segredo, en votación popular celebrada cada seis anos[1] ao termo do mandato presidencial. O límite de mandatos para unha mesma persoa á fronte da presidencia federal é de dous consecutivos; non existe limitación no caso de mandatos separados.

Para ser elixido presidente requírese cumprir 35 anos e ter unha antigüidade de polo menos dez anos de residencia ininterrompida en Rusia.

Xuramento

[editar | editar a fonte]

Segundo o artigo 82 do capítulo 4 da Constitución de Rusia,[2] onde se regulan as eleccións do xefe de estado, o presidente electo debe prestar este xuramento durante o seu investidura:

Xuro en cumprimento dos meus deberes como presidente da Federación Rusa, respectar e protexer os dereitos e liberdades do home e de cidadán, respectar e protexer a Constitución da Federación Rusa, defender a soberanía e independencia, seguridade e integridade do Estado e servir fielmente ao pobo.[3].

Funcións e poderes

[editar | editar a fonte]

O presidente é o xefe de estado e a súa tarefa principal é preservar e protexer os dereitos e liberdades dos rusos, garantidos pola Constitución de Rusia. O presidente dirixe a política interior e internacional do goberno de Rusia. É tamén Comandante en Xefe das Forzas Armadas.

O presidente outorga as condecoracións estatais, resolve asuntos relativos á inmigración e ten o poder de conceder indultos.

Lista de presidentes de Rusia

[editar | editar a fonte]

Partidos     Independente      Partido Comunista Ruso      Noso Fogar é Rusia      Rusia Unida

Presidencia Presidente Federal Inicio do mandato Fin do mandato Partido Mandato Presidente do Goberno
1 Boris Eltsin
Борис Ельцин
(1931–2007)

10 de xullo de 1991 9 de agosto de 1996 Independente
Apoiado polo Partido Democrático
1
(1991)
Boris Eltsin
Viktor Chernomyrdin
9 de agosto de 1996 31 de decembro de 1999 Independente 2
(1996)
Sergei Kiriyenko
Yevgeny Primakov
Sergei Stepashin
Vladimir Putin
2 Vladimir Putin
Владимир Путин
(1952–)

31 de decembro de 1999 7 de maio de 2000 Independente
Apoiado por Rusia Unida
7 de maio de 2000 7 de maio de 2004 3
(2000)
Mikhail Kasianov
7 de maio de 2004 7 de maio de 2008 4
(2004)
Mikhail Fradkov
Viktor Zubkov
3 Dmitrii Medvedev
Дмитрий Медведев
(1965–)

7 de maio de 2008 7 de maio de 2012 Independente
Apoiado por Rusia Unida
5
(2008)
Vladimir Putin
4 Vladimir Putin
Владимир Путин
(1952–)

7 de maio de 2012 Actualidade
Finaliza o 7 de maio de 2018
Rusia Unida 6
(2012)
Dmitrii Medvedev

Residencias oficiais

[editar | editar a fonte]

En Moscova e arredores

[editar | editar a fonte]
O Kremlin de Moscova, residencia oficial do presidente
Líderes do G8, co Palacio Konstantinovski ao fondo, no Cume de 2006.

As principais residencias oficiais do presidente atópanse no conxunto do Kremlin de Moscova:

  • O Palacio do Senado (en ruso Сенатский дворец, Senatski dvorets) é o lugar de traballo do presidente e conta coa Oficina Presidencial, o Salón Cerimonial, a Biblioteca Presidencial, o Salón do Consello de Seguridade, o Salón dos Embaixadores (ou Heráldico) e o salón de Catalina.
  • O Gran Palacio do Kremlin (Большой Кремлёвский дворец, Bolshoi Kremliovski dvorets) é usado para cerimonias oficiais e recepción de xefes de Estado, de Goberno ou o corpo diplomático.
  • O edificio administrativo do Kremlin ou edificio 14 (Административный корпус Кремля, Administrativni korpus Kremlia) alberga as oficinas do equipo de traballo do presidente: a administración presidencial, a dirección protocolaria, a dirección de política exterior, a prensa, as oficinas do Secretario do Consello de Seguridade, dos axudantes e conselleiros do presidente, así como a Comandancia do Kremlin e a sede da Garda Federal.

Tamén en Moscova, pero non nas instalacións do Kremlin atópase:

  • A casa de campo Gorki-9 (Горки-9), tamén coñecida como Barvikha (Барвиха), é onde habita o presidente Medvedev coa súa familia. Está na localidade de Barvikha (Барвихa), na zona residencial coñecida como Rubliovka (Рублёвка), 18 km ao oeste do centro de Moscova. Foi a residencia do antigo presidente Boris Eltsin. O presidente anterior, Vladimir Putin, segue vivindo na outrora residencia oficial de Novo-Ogariovo (Ново-Огарёво), na mesma zona que a casa do presidente actual.
  • Ademais, preto desta, atópase o Castelo Mayendorf (Замок Майендорф, Zamok Mayendorf), sede da Secretaría da Presidencia, que se usa para festas e recepcións.

Fóra de Moscova

[editar | editar a fonte]
  1. http://www.abc.es/20081222/internacional-europa/senado-ruso-apueba-definitivamente-200812221847.html
  2. Capítulo 4 da Constitución de Rusia. Arquivado 23 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés, ruso, francés, alemán)
  3. "Клянусь при осуществлении полномочий Президента Российской Федерации уважать и охранять права и свободы человека и гражданина, соблюдать и защищать Конституцию Российской Федерации, защищать суверенитет и независимость, безопасность и целостность государства, верно служить народу"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]