Saltar ao contido

Prem Tinsulanonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPrem Tinsulanonda

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(th) เปรม ติณสูลานนท์ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1920 Editar o valor en Wikidata
Mueang Songkhla, Tailandia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Phramongkutklao Hospital, Tailandia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Cargos
Primeiro Ministro de Tailandia
Período3 de marzo de 1980 - 4 de agosto de 1988
AntecesorKriangsak Chomanan
SucesorChatichai Choonhavan
Datos persoais
RelixiónTheravada Editar o valor en Wikidata
EducaciónChulachomklao Royal Military Academy (en) Traducir
Mahavajiravudh Songkhla School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Real Tailandês (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra Franco-Tailandesa
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePrem Tinsulanonda, Former Thai Premier and Adviser to King, Dies at 98 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Prem Tinsulanonda, nado na provincia de Songkhla o 28 de agosto de 1920 e falecido o 26 de maio de 2019 no hospital Phramongkutklao, foi un militar tailandés que foi primeiro ministro do seu país de 1980 a 1988. Desde o seu retiro foi conselleiro do rei Bhumibol Adulyadej e o seu fillo Maha Vajiralongkorn.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos na súa provincia de nacemento e máis tarde en Bangkok. En 1941 ingresou na Real Academia Militar de Tailandia e máis tarde na Escola de Defensa Nacional. En 1959 participou na comisión encargada do novo texto constitucional. Entre 1968 e 1971 foi Senador, de 1972 a 1973 deputado no Parlamento e en 1976 foi nomeado membro do Consello Asesor do Primeiro Ministro Tanin Kraivixien. Con Kriangsak Chomanan foi nomeado Ministro do Interior (1977-1978) e Ministro de Defensa (1979-1980). Tras a saída de Chomanan foi elixido Primeiro Ministro e conservou a carteira de defensa até 1986. En 1988 dimitiu e foi designado polo Rei como Presidente do seu Consello Privado. Durante o golpe de estado en Tailandia en 2006 especulouse coa posibilidade de que fose nomeado de novo Primeiro Ministro de transición.

Primeiro Ministro de Tailandia

Segue a:
Kriangsak Chomanan
Prem Tinsulanonda
Precede a:
Chatichai Choonhavan