Saltar ao contido

Pozo de Messel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPozo de Messel
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico
Sitio paleontolóxico Editar o valor en Wikidata
EpónimoMessel Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDarmstadt-Dieburg, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 49°55′03″N 8°45′24″L / 49.9175, 8.756667
Características
Superficie42 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data1995 (19ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (viii) Editar o valor en Wikidata
Identificador720
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 93290 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Usomineração a céu aberto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PremiosNational Geotope (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O pozo de Messel (alemán: Grube Messel) é unha canteira de lousa ou xisto bituminoso abandonada e importante xacemento paleontolóxico preto da vila alemá de Messel (Landkreis Darmstadt-Dieburg, Hessen) a uns 35 km ao sueste de Frankfurt am Main, Alemaña. Debido á abundancia no lugar de fósiles ben conservados que datan da metade do Eoceno, ten unha grande importancia científica e xeolóxica.[1] No lugar atopáronse unhas 1000 especies de plantas e animais.[1] Despois de estar a punto de converterse nun vertedoiro de lixo, a forte oposición local, despois de moitos avatares políticos, conseguiu finalmente parar eses plans e o pozo de Messel foi declarado un lugar patrimonio da humanidade da UNESCO o 9 de decembro de 1995. Continúan facéndose descubrimentos científicos significativos sobre a evolución temperá dos mamíferos e as aves no pozo de Messel, e o xacemento está converténdose nun lugar turístico de crecente interese.[1]

O xacemento orixinouse no Eoceno medio, nun maar formado tras unha erupción freatomagmática. Os antigos sedimentos lacustres daquel maar, limos e arxilas con abondosa materia orgánica, hoxe lutitas bituminosas, conservaron restos vexetais e miles de fósiles moi ben preservados de insectos e peixes, así como numerosos restos esqueléticos completos de réptiles, aves e mamíferos. Nalgúns casos consérvanse impresións de plumas, pelame, pel, contidos estomacais, etc., ademais de permaneceren na forma natural, sen térense dispersado as partes do cadáver como ocorre na maioría dos fósiles atopados, o que axudou á reconstrución máis real dos fósiles.[2]

Afloramento de xisto bituminoso de Messel preto do centro do pozo

Deste lugar extraéronse activamente lignito e xisto bituminoso desde 1859. O pozo empezou a ser coñecido pola súa riqueza en fósiles arredor de 1900, pero non se iniciaron escavacións científicas serias ata a década de 1970, cando a caída do prezo do petróleo fixo que a minaría nesta canteira deixase de ser rendible. A actividade comercial de extracción de xisto bituminoso cesou en 1971 e unha fábrica de cemento construída na mina cerrou o ano seguinte. A terra foi preparada para o seu uso como vertedoiro de lixo, pero eses plans quedaron en nada despois de varios cambios políticos no goberno do land (estado), e finalmente o land de Hessen comprou o lugar en 1991 para asegurar o seu acceso científico. Nos poucos anos entre o cesamento da minaría no lugar e 1974, cando o estado estaba preparando o lugar como depósito de lixo, permitiuse que os coleccionistas amadores recollesen fósiles. Os amadores desenvolveron a técnica da transferencia que lles permitía conservar os finos detalles dos fósiles pequenos, que é o método que aínda se emprega hoxe para conservar fósiles.[3]

Moitos dos espécimes coñecidos procedentes deste lugar proceden do traballo de coleccionistas amadores, e en 1996, aplicouse unha amnistía aos fósiles recollidos anteriormente, coa esperanza de que as coleccións de fósiles privadas volvesen a ser de propiedade pública e estivesen dispoñibles á ciencia.

Características deposicionais

[editar | editar a fonte]
O mapa inserido mostra a localización da cidade e xacemento fósil de Messel preto de Frankfurt no suroeste de Alemaña. O mapa máis grande mostra a localización dos primates de Messel 1–7 (Táboa 1) dentro da escavación de xistos bituminosos de Messel.

A superficie actual do fondo do pozo de Messel está a uns 60 m por debaixo do nivel da terra local e ten unha área duns 0,7 km2. A capa de xistos bituminosos estendíase orixinalmente ata unha profundidade de 190 m.[4] Hai 47 millóns de anos, no Eoceno cando se formaron os depósitos de Messel, a área estaba a unha latitude 10° máis ao sur do que está hoxe. O período estaba moi preto do Óptimo climático do Eoceno temperán e o clima e ecoloxía do lugar eran moi diferentes aos actuais, caracterizados por unha temperatura media anual de 22 °C e unha gran serie de lagos tipo maar rodeados de vizosos bosques subtropicais que sostiñan unha incrible diversidade de vida.[5] A cunca do lago de Messel era probablemente o punto central onde drenaban os ríos e regatos próximos.

Un fósil do mamífero primitivo Kopidodon, mostrando o perfil do seu pelame

Os depósitos do pozo formáronse durante a época eoceno do período paleoxeno hai uns 47 millóns de anos, baseándose en datacións de fragmentos de basalto que hai debaixo dos estratos fosilíferos.[6] O xisto bituminoso formado pola deposición anóxica lenta de lama e vexetación morta no leito do lago, é a principal rocha do lugar. Os seus sedimentos esténdense ata 13 m de profundidade e están depositados sobre un basamento de arenito máis antigo. Os fósiles dentro do xisto mostran unha salientable claridade e boa preservación debido ás características deposicionais únicas do lago e así o pozo de Messel representa un Konservat-Lagerstätte. As estratificacións superiores do lago son as que presentan unha gran variedade de organismos conservados, pero o fondo estivo sometido a poucas alteracións pola corrente, xerando un ambiente moi anóxico. Isto impediu que este nicho fose habitado por moitas especies de epifauna e infauna e a bioturbación mantívose no mínimo. A inversión das capas de auga do lago (causada polas variacións estacionais) facía diminuír o contido de oxíxeno preto da superficie e orixinaba unha periódica extinción das especies acuáticas. Combinado coa taxa relativamente baixa de deposición, 0,1 mm ao ano, isto proporcionou un ambiente excelente para a conservación fósil da fauna e a flora.

Liberacións de gases volcánicos

[editar | editar a fonte]
Sección transversal do pozo de Messel

A área arredor do pozo de Messel crese que foi xeolóxica e tectonicamente activa durante o Eoceno. Isto levou a que os científicos formulasen a hipótese de que eventos similares á liberación de gases volcánicos de 1986 no lago Nyos de Camerún, poderían explicar a gran deposición de especies non acuáticas (Franzen & Koster, 1994[7]). Os cambios subsuperficiais periódicos posiblemente liberaron grandes concentracións de gases reactivos (como o dióxido de carbono e o sulfuro de hidróxeno) no lago e ecosistemas adxacentes, matando os organismos susceptibles. Durante estas liberacións de gas, as aves e morcegos poderían ter caído dentro ou preto da superficie do lago e os animais terrestres puideron ser sufocados cando estaban preto das beiras do lago. Como o lago era moi fondo, os animais que caeron dentro ou foron arrastrados á auga pobre en oxíxeno e bacterias, conserváronse alí moi ben, e foron cubertos por capas sucesivas de lama que máis tarde se petrificou, producindo así unha agregación de fósiles de excepcional calidade, cantidade, integridade e variedade. Algúns animais vese que morreron no acto (algunhas tartarugas quedaron fosilizados copulando).[8] Porén, postuláronse outras hipóteses á parte da volcánica, e suxeriuse que floracións de cianobacterias causaron o envelenamento dos animais. Isto último considérase que é necesario para explicar a presenza de fósiles excelentes en toda a secuencia sedimentaria (Koenigswald & outros, 2004[9]).

Separando as láminas de xisto cun coitelo grande para revelar os fósiles.

O pozo de Messel proporciona as evidencias mellor preservadas de fauna e flora Geiseltalian ata agora descubertas, cunhas mil especies identificadas.[1] A maioría dos outros xacementos con sorte conteñen esqueletos parciais, pero Messel pode gabarse de presentar unha conservación ampla da integridade estrutural dos fósiles, mesmo chegando a conservar as marcas do pelame, plumas e "sombras da pel" dalgunhas especies. Esta conservación tan pouco común suscitou algunhas interpretacións moi razoadas. As sintomáticas marcas de trabadas con forma de "halteras"[10] a ambos os lados dos nervios dunha folla fosilizada foron identificados como o agarre dunha formiga Camponotus parasitada en fase terminal polo fungo Ophiocordyceps unilateralis, que, igual que ocorre hoxe neses animais, controlou o seu comportamento, para poder liberar as súas esporas desde unha posición favorable, facendo que as formigas se agarren á folla mordendo o nervio central, onde morren e deixan o fungo que levan dentro en magnífica posición para que brote da súa cabeza e solte esporas; é o exemplo concreto máis temperán de manipulación do comportamento feito por fungos.[11]

A diversidade de especies é moi salientable en parte como resultado da liberación periódica de gases volcánicos hipotetizada. Un breve sumario dalgúns dos principais fósiles atopados no xacemento é o seguinte:

  • Atopáronse nove pares de fósiles de tartarugas. As tartarugas Allaeochelys crassesculpta estaban copulando cando morreron e quedaron fosilizadas.[12] A súa morte debeu ser rápida debido á liberación de gases tóxicos.[13] As tartarugas pertencentes a este clado aínda viven. Perderon as súas escamas de tipo reptiliano e a súa pel pode absorber oxíxeno da auga. Normalmente isto é unha vantaxe: axúdalles a estar mergulladas durante un maior período de tempo. Porén, en condicións anóxicas é unha desvantaxe, porque o dióxido de carbono e os velenos disoltos poden ser absorbidos tamén.[13]
  • Uns 10.000 peixes fosilizados de numerosas especies.
  • Miles de insectos acuáticos e terrestres, algúns coa súa coloración conservada.
  • Innumerables pequenos mamíferos, incluíndo cabalos pigmeos, ratos grandes, primates, habitantes do subsolo (ourizos cachos, marsupiais, pangolíns), parentes dos Orycteropus e morcegos. Os espécimes de morcego fosilizados serviron para entender mellor a evolución da ecolocación.[14]
  • Gran número de aves, particularmente especies predadoras.
  • Crocodilos, ras, tartarugas, píntegas e outros réptiles e anfibios.
  • Restos de 30 especies de plantas, incluíndo follas de plameiras, froitos, pole, madeira, noces e uvas.

A seguinte é só unha lista parcial:

Darwinius masillae (holotipo) que mostra a magnífica conservación no pozo de Messel
Masillamys na colección Senckenberg
Unha das primeiras percas, Palaeoperca proxima
Escaravello xoia fósil, que aínda mostra a coloración estrutural do exoesqueleto.

Mamíferos

[editar | editar a fonte]
Darwinius masillae, identificado en 2009 como un primate adapiforme[15]
Kopidodon, un Cimolesta arbóreo extinguido
Leptictidium, un animal saltador extinto omnívoro da familia dos leptíctidos
Propalaeotherium, un parente temperán dos cabalos
Ailuravus, un roedor
Peradectes, un metaterio
Palaeochiropteryx, un morcego
Lesmesodon, un pequeno hienodóntido
Eomanis, un pangolín antigo
Eurotamandua, un pangolín similar a un oso formigueiro sen escamas
Europolemur, un primate
Hyrachyus, devanceiro dos rinocerontes
Paroodectes, un mamífero carnívoro temperán
Messelogale, un mamífero carnívoro temperán
Pholidocercus, un ourizo cacho temperán
Macrocranion, un ourizo cacho temperán de rabo longo
Masillamys, un roedor temperán
Messelobunodon, un artiodáctilo temperán
Godinotia, un primate temperán
Buxolestes, un Cimolesta similar a unha londra semiacuático
Palaeotis, un estutriónido antigo
Strigogyps sapea (antes chamado Aenigmavis) un cariamiforme
Eocoracias, un coraciforme temperán do que se sabe a súa coloración
Messelornis, a ave do Mosela; unha especie de gruiforme
Masillastega, un súlido de auga doce
Lapillavis, un posible parente dos trogónidos
Cypseloramphus, un apodiforme basal
The Messelasturidae (Messelastur e Tynskya), carnívoros parentes de modernos papagaios
Palaeoglaux, un bufo temperán cunhas enigmáticas plumas do peito
Paraprefica, un Nyctibiidae temperán
Paraortygoides, un galiforme[16]
Masillaraptor, un falconiforme temperán
Parargornis, un apodiforme temperán
Messelirrisor, un bucerotiforme temperán estreitamente relacionado coas bubelas e Phoeniculidae
Selmes (usado como un anagrama de "Messel"), un coliforme con dedos gordos
Gastornis (antes Diatryma), un anseriforme grande non voador
Hassiavis,[17] un membro dos Cypselomorphae
Quasisyndactylus,[17] un membro de Alcediniformes
Vanolimicola, un posible caradriforme[18]
Un litornítido aínda non nomeado, un paleognato similar a un escolopácido, o primeiro rexistrado deste tipo no Eoceno medio de Europa.[19]

Réptiles

[editar | editar a fonte]
Asiatosuchus, un gran crocodilo
Diplocynodon, un aligátor
Hassiacosuchus, un aligátor durófago
Bergisuchus, un sebecosuquio crocodiliforme
Eoconstrictor, serpe de 2 m relacionada coas boas neotropicais, Boinae[20]
Messelophis, unha pequena boa vivípara[21]
Messelopython, o parente das pitóns máis antigo coñecido[22]
Cryptolacerta, un lagarto con afinidades cos anfisbénidos
Geiseltaliellus, un lagarto con afinidades cos Corytophaninae
Allaeochelys crassesculpta, tartarugas acuáticas relacionadas con Carettochelys
Un amiforme, que foi descrito como Amia (o xénero moderno) ou Cyclurus
Amphiperca, unha perca temperá
Palaeoperca, outra perca temperá
Atractosteus, un lepisosteido
anguías
Hemiptera
Hymenoptera

Patrimonio xeolóxico da IUGS

[editar | editar a fonte]

A Unión internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS polas súas siglas en inglés) describiu o sitio fósil do pozo de Messel como "o xeositio máis rico do mundo para comprender o ambiente vivo do Eoceno, xa que inclúe fósiles excepcionalmente preservados', e incluíu o rexistro do Eoceno do sitio na súa lista de 100 "sitios patrimonio xeolóxico", publicada en outubro de 2022. A organización define un Sitio patrimonio xeolóxico da IUGS como "un lugar clave con elementos xeolóxicos e/ou procesos de relevancia científica internacional, usado como referencia, e/ou cunha contribución substancial ao desenvolvemento das ciencias xeolóxicas a través da historia."[24]

Poden verse exposicións sobre o pozo de Messel na cidade de Messel,[25] no Museo de fósiles de Messel,[26] no Hessisches Landesmuseum de Darmstadt (a 5 km de Messel)[27] e tamén no Museo Senckenberg de Frankfurt am Main (a uns 30 km de Messel).[28] Os visitantes do pozo poden aparcar preto do pozo e camiñar uns 300 m ata un miradoiro que dá ao pozo. Porén, a entrada no pozo só é posible se se forma parte dunha visita especialmente organizada.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Messel Pit Fossil Site". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  2. "La grasa cadavérica explica la conservación de animales prehistóricos en Alemania". sdpnoticias (en inglés). Consultado o 2023-05-03. [Ligazón morta]
  3. "The Messel Pit Fossil Site". Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2013. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  4. United Nations Environment Programme-World Conservation Monitoring Centre (Content Partner); Mark McGinley (Topic Editor). 2008. "Messel Pit fossil site, Germany." In: Encyclopedia of Earth. Eds. Cutler J. Cleveland (Washington, D.C.: Environmental Information Coalition, National Council for Science and the Environment). [First published in the Encyclopedia of Earth 29 de novembro de 2007; Last revised 8 de xullo de 2008; Consultado o 22 de maio de 2009. artigo alemán sobre o pozo
  5. Grein, Michaela; Utescher, Torsten; Wilde, Volker; Roth-Nebelsick, Anita (1 de xuño de 2011). "Reconstruction of the middle Eocene climate of Messel using palaeobotanical data". Neues Jahrbuch für Geologie und Paläontologie, Abhandlungen 260 (3): 305–318. doi:10.1127/0077-7749/2011/0139. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  6. Mertz, D. F., Renne, P. R. (2005): A numerical age for the Messel fossil deposit (UNESCO World Heritage Site) derived from 40
    Ar
    /39
    Ar
    dating on a basaltic rock fragment. Courier Forschungsinstitut Senckenberg no 255: pp 7–75.
  7. Franzen J. L., Köster A. 1994. Die eozänen Tiere von Messel—ertrunken, erstickt oder vergiftet? Nat. Mus. 124, 91–97.
  8. Joyce WG, Micklich N, Schaal SF, Scheyer TM. Caught in the act: the first record of copulating fossil vertebrates. Biol Lett. 2012 Oct 23;8(5):846-8. doi: 10.1098/rsbl.2012.0361. Epub 20 xuño de 2012. PMID 22718955; PMCID: PMC3440985.
  9. von Koenigswald W., Braun A., Pfeiffer T. 2004. Cyanobacteria and seasonal death: a new taphonomic model for the Eocene Messel lake. Paläont. Z. 78, 417–424.
  10. Definición de haltera no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  11. Guardian.com, "'Zombie ants' controlled by parasitic fungus for 48 m years", 18 de agosto de 2010]: consultado o 21 de agosto de 2010
  12. Amos, Jonathan 2012. Turtles fossilised in sex embrace. BBC News: Science & Environment. [1]
  13. 13,0 13,1 Joyce, W. G; Micklich, N; Schaal, S. F. K; Scheyer, T. M (2012). "Caught in the act: The first record of copulating fossil vertebrates". Biology Letters 8 (5): 846–8. PMC 3440985. PMID 22718955. doi:10.1098/rsbl.2012.0361. 
  14. Habersetzer, J.; Storch, G. (outubro de 1992). "Cochlea size in extant chiroptera and middle eocene microchiropterans from messel". Naturwissenschaften 79 (10): 462–466. Bibcode:1992NW.....79..462H. doi:10.1007/BF01139198. 
  15. Franzen, J. L., Gingerich, P. D., Habersetzer, J., Hurum, J. H., Von Koenigswald, W., & Smith, B. H. (2009). Complete primate skeleton from the middle Eocene of Messel in Germany: morphology and paleobiology. PLoS one, 4(5), e5723. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0005723
  16. Dyke, Gareth J; Gulas, Bonnie E (2002). "The Fossil Galliform Bird Paraortygoides from the Lower Eocene of the United Kingdom" (PDF). American Museum Novitates (360): 1–14. doi:10.1206/0003-0082(2002)360<0001:TFGBPF>2.0.CO;2. hdl:2246/2913. 
  17. 17,0 17,1 Mayr, G.. (2004). New specimens of Hassiavis laticauda (Aves: Cypselomorphae) and Quasisyndactylus longibrachis (Aves: Alcediniformes) from the Middle Eocene of Messel, Germany. CFS Courier Forschungsinstitut Senckenberg. 252. 23-28.
  18. Mayr, Gerald (2017). "A small, 'wader-like' bird from the Early Eocene of Messel (Germany)". Annales de Paléontologie 103 (2): 141–7. doi:10.1016/j.annpal.2017.01.001. 
  19. Mayr, Gerald (2008). "First substantial Middle Eocene record of the Lithornithidae (Aves): A postcranial skeleton from Messel (Germany)". Annales de Paléontologie 94 (1): 29–37. doi:10.1016/j.annpal.2007.12.004. 
  20. Scanferla, A. & K.T. Smith (2020) Exquisitely preserved snake fossils of Messel: insight into the evolution, biogeography, habitat preferences and sensory ecology of early boas. Diversity 12(3): 100. https://doi.org/10.3390/d12030100
  21. Chuliver, M., A. Scanferla & K.T. Smith (2022) Live birth in a 47-million-year-old snake. The Science of Nature – Naturwissenschaften 109: 56. https://doi.org/10.1007/s00114-022-01828-3
  22. Zaher, H. & K.T. Smith (2020) Pythons in the Eocene of Europe reveal a much older divergence of the group in sympatry with boas. Biology Letters 16: 20200735. https://doi.org/10.1098/rsbl.2020.0735
  23. Szwedo, J. (2008). "A new tribe of Dictyopharidae planthoppers from Eocene Baltic amber (Hemiptera: Fulgoromorpha: Fulgoroidea), with a brief review of the fossil record of the family". Palaeodiversity 1: 75–85. 
  24. "The First 100 IUGS Geological Heritage Sites" (PDF). IUGS International Commission on Geoheritage. IUGS. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  25. "Home". www.grube-messel.de (en alemán). Consultado o 13 de maio de 2018. 
  26. "Home". Fossilien- und Heimatmuseum Messel (en alemán). 24 de xullo de 2022. Consultado o 30 de decembro de 2022. 
  27. "Messel Pit – Hessisches Landesmuseum". www.hlmd.de (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2018. 
  28. "SENCKENBERG world of biodiversity | Museums | Museum Frankfurt | The Museum | Exhibitions | World natural heritage "..". www.senckenberg.de (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 13 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Smith, Krister T.; Schaal, Stephan; Habersetzer, Jörg; Herlyn, Hendrik G.; Senckenberg Gesellschaft für Naturforschung (2018). Messel : an ancient greenhouse ecosystem. Stuttgart. ISBN 978-3-510-61411-0. OCLC 1054359916. 
  • Harms, Franz-Jürgen; Schaal, Stephan (2005). Current geological and paleontological research in the Messel Formation. Stuttgart: E. Schweizerbart'sche Verlagsbuchhandlung (Nägele u. Obermiller). ISBN 3-510-61381-3. OCLC 64571829. 
  • Mangel, Gerd (2011). Faszination Welterbe Grube Messel zu Besuch in einer Welt vor 47 Millionen Jahren (en alemán). Stuttgart. ISBN 978-3-510-61398-4. OCLC 698592675. 
  • Kächler, Ernst Rudolf; Grube-Messel-Verwaltungsgesellschaft (2000). Window to primeval times Messel Pit, world heritage site in the State of Hessen (en alemán). Wiesbaden: Grube-Messel-Verwaltungsgesellschaft c/o Hessisches Ministerium für Wissenschaft und Kunst. OCLC 174602085. 
  • Schaal, Stephan; Ziegler, Willi (1992). Messel : an insight into the history of life and of the earth. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-854654-8. OCLC 25747250. 
  • Gruber, Gabriele; Micklich, Norbert; Hessisches Landesmuseum Darmstadt (2007). Messel : Schätze der Urzeit (en alemán). Stuttgart: Theiss. ISBN 978-3-8062-2092-6. OCLC 600404474. 
  • Gruber, Gabriele; Sandrock, Oliver; Wappler, Torsten (2018). "DARMSTADT: The Paleontological Collections of Hessisches Landesmuseum Darmstadt". Paleontological Collections of Germany, Austria and Switzerland. Cham: Springer International Publishing. ISBN 978-3-319-77400-8. ISSN 2510-1862. doi:10.1007/978-3-319-77401-5_14. 
  • Aubert, Hans-Joachim; Deutsche Unesco-Kommission (2010). UNESCO-Welterbe in Deutschland [eine Publikation der Deutschen Unesco-Kommission und des Auswärtigen Amts der Bundesrepublik Deutschland] = UNESCO world heritage in Germany (en alemán). Bonn. ISBN 978-3-940785-14-5. OCLC 612325291. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]