Saltar ao contido

Portal:Fútbol/Equipo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os Equipos destacados no portal Fútbol:

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da Liga Europa, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.


O Blackburn Olympic F.C. foi un equipo de fútbol inglés de finais do século XIX co sede na cidade de Blackburn, en Lancashire. A pesar de que o club existiu só unha década, é moi importante na historia do fútbol en Inglaterra, xa que foi o primeiro equipo do norte do país e o primeiro da clase traballadora que gañou a principal competición futbolística da nación, a Football Association Challenge Cup (coñecida xeralmente como FA Cup). A copa só fora gañada por equipos afeccionados adiñeirados dos Home counties, e a vitoria do Olympic marcou un punto decisivo na transición do deporte, dende un pasatempo dos homes de clase alta a un deporte profesional.

O club fundouse en 1878 e nos seus inicios só participou en torneos locais menores. En 1880 ingresou por primeira vez na FA Cup e tres anos máis tarde venceu o Old Etonians F.C. en Kennington Oval, gañando o trofeo. Esta vitoria foi un factor importante na decisión tomada polo consello de administración deportivo, a Football Association, para permitir o profesionalismo. Con todo, o Olympic foi incapaz de competir cos equipos máis ricos e de mellor soporte económico da era profesional e desapareceu en 1889.

Moitos dos partidos que o Olympic xogou como local disputáronse no Hole-i'-th-Wall Stadium, que lle debe o seu nome a un pub próximo. A partir de 1880, a primeira equipación do Olympic consistiu nunha camisola celeste e pantalóns brancos. Un xogador do club, James Ward, foi convocado pola selección inglesa e outros seis xogadores internacionais xogaron para o club; entre estes encontrábase Jack Hunter, quen era o adestrador do club cando o equipo gañou a FA Cup.


O Helsingin Jalkapalloklubi ou HJK é un equipo de fútbol da cidade de Helsinqui, Finlandia. De acordo coa cantidade de campionatos de Finlandia acadados, trátase do equipo máis éxitoso do país nórdico. Dende 1964 xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga, da que se proclamou campión por 31ª vez na súa historia e por segundo ano consecutivo. É o único equipo finlandés que ten xogado a fase de grupos da Liga de Campións ou da Europa League. Xoga os seus partidos como local no Bolt Arena, un estadio con capacidade para 10 770 persoas situado no distrito de Taka-Töölö, na área de Töölö. Anteriormente o HJK xogou no Töölön pallokenttä e no Estadio Olímpico de Helsinqui.

Franz Fredrik Wathén tivoli a idea de fundar o club, que foi fundado oficialmente en 1907, e gañou o seu primeiro campionato finlandés en 1911. Inicialmente o club adicouse á práctica do fútbol, mais posteriormente creáronse as seccións de bandy e hóckey sobre xeo, nas que o club proclamouse campión de Finlandia nas décadas de 1920 e 1930. Ademais no HJK practicouse tamén os birlos, a patinaxe artística sobre xeo e o balonmán. Dende o ano 1976 o club centrouse na práctica do fútbol.

O HJK ten tamén un equipo reserva, o Klubi 04, que xoga na Ykkönen, a segunda categoría do fútbol finlandés. O equipo naceu en 2004, cando o club comprou o equipo de fútbol de Jokerit. O equipo feminino é tamén o equipo finlandés máis exitoso en termo de títulos.


Portal:Fútbol/Equipo destacado/4

Portal:Fútbol/Equipo destacado/5

Portal:Fútbol/Equipo destacado/6

Portal:Fútbol/Equipo destacado/7

Portal:Fútbol/Equipo destacado/8

Portal:Fútbol/Equipo destacado/9

Portal:Fútbol/Equipo destacado/10