Saltar ao contido

Abdome (artrópodos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pleon»)
Este artigo trata sobre o abdome dos artrópodos; para o abdome dos mamíferos véxase, abdome.
Crustáceo malacostráceo ideal.
Á esquerda, en cor laranxa, o abdome, aquí denominado telson.

Nos artrópodos denomínase abdome ao tagma ou parte posterior do corpo. Está situado a continuación do tórax.

En sentido amplo, o termo abdome aplícase ao tagma final do corpo de todos os grupos de artrópodos, pero, debido a que non están claras as homoloxías das diferentes rexións do corpo nos diferentes grupos, adoita usarse en sentido estrito para denominar exclusivamente o tagma final dos insectos.

Os abdomes dos artrópodos "non insectos"

[editar | editar a fonte]
Anatomía dun insecto.
En C: abdome:
13.- Estómago; 14.- Corazón; 15.- Ovarios; 16.- Intestino; 17.- Ano; 18.- Vaxina; 19.- Cadea ganglionar ventral; 20.- Tubos de Malpighi.

Na maioría das ordes de insectos o abdome está composto de once segmentos, aínda que o segmento once está xeralmente moi reducido e representado soamente polos seus apéndices. E en moitos insectos este número é aínda máis reducido. Nos himenópteros apócritos o abdome está moi modificado; o primeiro segmento está fusionado co segmento final do tórax e recibe o nome de propodeo.

O abdome dos insectos contén os aparellos dixetivo, reprodutor e circulatorio; carece de patas ou alas nos adultos. Nos insectos inmaturos dalgúns grupos poden ter certos tipos de apéndices nos segmentos do un ao sete (branquias, patas falsas dose lepidópteros).

Hai oito pares de espiráculos de función respiratoria. No segmento once pode haber uns apéndices chamados cercos. O ano ábrese no último segmento.

Os órganos xenitais do macho, usados no apareamento encóntranse nos segmentos oito e nove. Poden ser moi complexos e úsanse ás veces para a identificación das especies. As femias dalgunhas especies posúen un órgano ovipositor, xeralmente nos segmentos oito e nove. No caso de moitos himenópteros o ovipositor está convertido nun aguillón usado para inxectar veleno.

  1. "Pleon". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017. 
  2. "Pleón". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Borror, D. J.; DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York & Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-03-088406-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]