Pico Basilé
Tipo | montaña volcán escudo | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Bioko | |||
Localizado na área protexida | Pico Basilé National Park (en) | |||
Localización | ||||
Continente | África | |||
División administrativa | Bioko Norte, Guinea Ecuatorial | |||
| ||||
Cordilleira | Linha vulcânica dos Camarões (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 3.011 m | |||
Prominencia topográfica | 3.011 m | |||
Illamento topográfico | 83 km | |||
Material usado | basalto | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1923 | derradeira erupción volcánica | |||
O Pico Basilé (antigo Pico de Santa Isabel) é un volcán e a maior montaña da illa de Bioko, e ao tempo de Guinea Ecuatorial, país do que forma parte, cunha altura de 3.011 m.s.n.m..
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]O Basilé é o cume máis alto dos tres volcáns de escudo basálticos que conforman a illa de Bioko. Desde a súa cima é visíbel a nordeste o Monte Camerún.
A illa de Bioko formouse na liña do Camerún, unha grande falla xeolóxica disposta desde o océano Atlántico até Camerún e de aí até o Chad. Na liña inclúense outras illas volcánicas do golfo de Guinea, como Annobón, Príncipe e San Tomé, e, por suposto, o macizo volcánico do monte Camerún.
Erupcións
[editar | editar a fonte]Os rexistros de erupcións son pouco claros, aínda que se sabe que durante o XIX hóuboas. A última ben rexistrada corresponde a 1923.
Accesibilidade
[editar | editar a fonte]O acceso até as inmediacións da cima está facilitado por unha estrada estatal.