Paloma Castro Rey
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (43/44 anos) Pontevedra, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2020 – Electa en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 | |
Concelleira | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | avogada, política |
Paloma Castro Rey, nada en Pontevedra en 1981, é unha avogada e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Pontevedra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no IES Sánchez Cantón, é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e na súa actividade profesional está especializada en dereito civil, de familia, penal e violencia de xénero. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número tres na lista do PSdG-PSOE pola Circunscrición electoral de Pontevedra,[1] obtendo acta de deputada autonómica. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parlamento de Galicia Arquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
Categorías:
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Nados en 1981
- Nados en Pontevedra
- Concelleiros de Pontevedra
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alumnos da Universidade da Coruña
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia