Pablo Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1987 Monterrey, México |
Morte | 15 de setembro de 2006 (19 anos) Toluca de Lerdo, México |
Causa da morte | morte accidental |
Relixión | Ciencioloxía |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 2000 - |
|
Pablo Santos, nado en Monterrey (Nuevo León) o 9 de xaneiro de 1987 e finado preto de Toluca o 15 de setembro de 2006[1], foi un actor mexicano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 12 anos trasladouse a vivir coa súa familia os Ánxeles nos Estados Unidos. En 2000 comezou a interpretar papeis secundarios no cine e a televisión, a súa máis importante participación foi como o fillo da familia mexicanoamericana protagonista de Greetings from Tucson, que se transmitiu na canle WB de 2002 a 2003.
Despois de rematar a serie apareceu no filme Party Animalz (2004) e nas series Law & Order: Special Victims Unit e Boston Public. Era membro da Igrexa da Ciencioloxía[2].
O 15 de setembro de 2006, Santos morreu nun accidente aéreo preto do aeroporto de Toluca cando viaxaba de Monterrey a Acapulco para celebrar o Día da Independencia Mexicana con seis amigos nunha avioneta, unha Piper Malibu Mirage PA 46, que se estrelou mentres intentaba unha aterraxe de emerxencia.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Resurrection Boulevard (serie de TV, 2000). Episodio "Comenzando de nuevo"
- The Weeping Woman of the River (2000)
- Alias (serie de TV, 2001). Episodio "Doppelgänger"
- The Shield (serie de TV, 2002). Episodio "Crash Boom Love" partes 1 e 2
- American Family (serie de TV, 2002). Episodio "Journey of Dreams"
- The Proud Family (2003) (serie de TV)
- Jeremiah (serie de TV, 2002). Episodio "Red Kiss"
- Cojones (2002)
- Greetings from Tucson (serie de TV, 2002)
- Law & Order: Special Victims Unit (serie de TV, 2002). Episodio "Angels"
- Boston Public (serie de TV, 2003). Episodio 1: "Chapter Sixty Seven"
- Party Animalz (2004)
- Shackles (2005)
- Sea of Dreams (2005)
- Walkout (2006)
- Gettin' Some Jail Time (2006)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noticia da morte na Fox (en inglés)
- ↑ [1]