Os Pitufos
Os Pitufos | |
---|---|
Formato | Animación, Familiar, Fantasía |
Creado por | Peyo |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 256 (9 tempadas) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Hanna-Barbera Productions |
Duración | 22 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | 4:3 |
Primeiro episodio | 12 de setembro de 1981 |
Derradeiro episodio | 25 de agosto de 1990 |
Na rede | |
https://www.smurf.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Pitufos (en inglés: The Smurfs) é unha serie estadounidense de debuxos animados protagonizada polos divertidos personaxes azuis creados polo historietista belga Peyo. Producida por Hanna-Barbera Productions, e estreada a finais do terceiro trimestre do ano 1981 na canle NBC, a serie, de 256 capítulos cun total de 421 historias, deu o seu fin o 25 de agosto do 1990 tras nove tempadas. En Galiza a serie foi emitida por varias canles privadas amais, tamén na canle autonómica TVG dentro do contedor Xabarín Club.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os Pitufos son pequerrechiñas criaturas azuis que moran ó aconchego nun curruncho dunha fraga onde o seu lar, a aldea dos pitufos, está formada por casiñas semellantes ós cogomelos. Teñen candanseu oficio e especialidades diferentes. No seu falar adoitan usa-lo termo "Pitufar" que ten significados varios segundo en que xeito se diga.
Céntranse por medio de dous principais personaxes: Papá Pitufo e Pitufina; Papá Pitufo caractirízase polo seu chapeu e pantalóns vermellos e pola súa barba branca, é o líder do grupo e na súa ausencia os demais pitufos non saben como se organizaren, o que fai que haxa liortas na aldea. Á Pitufina diferénciase polo seu louro cabelo e por se-la única muller entre os pitufos. Os homes senten envexa e celos cando un pitufo tentar chama-la súa atención.
O meirande perigo dos pitufos é o meigo Gargamel que ten a obsesión dos atrapar para facer unha exquisita sopa con eles. Conta coa axuda do seu micho Azrael, que servirase del e do seu bo olfacto para acha-lo abeiradoiro dos pitufos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Abertura d'Os Pitufos
- Páxina web oficial (en inglés)
- The Smurfs Arquivado 02 de xaneiro de 2013 en Archive.is (en inglés)