Saltar ao contido

Ollie está perdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ollie está perdido
Creado porWilliam Joyce e Shannon Tindle
Dirixido porPeter Ramsey
País de orixeEstados Unidos e o Canadá
Lingua(s)V.O. en inglés, dobraxe en galego e outras linguas
Episodios4
Produción
Produtor(es)21 Laps entertainment e Industrial Light & Magic
Duración50' cada epidosio
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio24 de agosto de 2022
Na rede
https://www.netflix.com/watch/80126490
IMDB: tt13271734 Netlix: 80115119 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ollie está perdido[1] (en inglés: Lost Ollie) é unha serie de televisión estadounidense creada por Shannon Tindle que combina animación por ordenador con imaxe real. A serie está baseada no libro infantil Ollie's Odyssey de 2016 de William Joyce. Foi estreada en Netflix o 24 de agosto de 2022,[2] onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.[3]

Lost Ollie trata dun xoguete abandonado que percorre un camiño por diversas localizacións en busca do neno que perdeu moito máis que un mellor amigo.[4]

Voces orixinais en inglés:

  • Jonathan Groff como Ollie
  • Mary J. Blige como Rosy
  • Tim Blake Nelson como Zozo
  • Gina Rodríguez como nai
  • Jake Johnson como o pai
  • Kesler Talbot como Billy

A versión en galego foi realizada por SDI Media, traducida por Manuel Arca Castro e dirixida por Gonzalo Faílde.

Produción

[editar | editar a fonte]

O 6 de outubro de 2020, o director de Netflix Teddy Biaselli revelou que a plataforma adquirira o proxecto Lost Ollie e que a serie levaba en produción desde 2016.[5] O 9 de marzo de 2021, Jonathan Groff foi elixido para o papel principal, xunto coas voces de Mary J. Blige, Tim Blake Nelson, Gina Rodríguez, Jake Johnson e Kesler Talbot. A produción comezou en Vancouver.[6] [7]

A rodaxe principal da serie comezou o 1 de febreiro de 2021 e tivo lugar dentro e fóra de College Park Elementary en Port Moody, na Metro Vancouver, Columbia Británica. Segundo Production Weekly, a rodaxe concluíu en marzo de 2021.[8]

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "Ollie está perdido". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  2. Milligan, Mercedes (2022-06-30). "Netflix Plans a Summer of Family Fun with First Looks at 'Lost Ollie', 'Rise of the TMNT' & More". Animation Magazine (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  3. @manuelarcatrad, ed. (24 de agosto de 2022). "Datos da dobraxe de Ollie está perdido". Consultado o 29 de agosto de 2022. 
  4. Sneider, Jeff (2020-10-06). "Lost Ollie Family Series in the Works at Netflix from Director Peter Ramsey". Collider (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  5. Low, Elaine; Low, Elaine (2020-10-06). "Shannon Tindle, Peter Ramsey to Adapt William Joyce’s ‘Ollie’s Odyssey’ for Netflix". Variety (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  6. Goldberg, Lesley; Goldberg, Lesley (2021-03-09). "Gina Rodriguez, Jake Johnson to Star in Netflix Family Drama ‘Lost Ollie’". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  7. Petski, Denise; Petski, Denise (2021-03-09). "‘Lost Ollie’: Jonathan Groff, Mary J. Blige, Gina Rodriguez Among Six Cast In Netflix Family Series". Deadline (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  8. Asatryan, Tigran (2022-07-29). "'Lost Ollie' Netflix Series: Everything You Need to Know". What's on Netflix (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]