Saltar ao contido

Olga Korbut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlga Korbut

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(be) Вольга Валянцінаўна Корбут
(ru) Ольга Валентиновна Корбут Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Hrodna (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
EducaciónYanka Kupala State University of Grodno (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura152 cm Editar o valor en Wikidata
Peso44 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónximnasta artística, actriz Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deporteximnasia artística Editar o valor en Wikidata
Participou en
1976gymnastics at the 1976 Summer Olympics – women's balance beam (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1972gymnastics at the 1972 Summer Olympics – women's floor (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1972gymnastics at the 1972 Summer Olympics – women's balance beam (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1972gymnastics at the 1972 Summer Olympics – women's uneven bars (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Корбут Ольга Валентиновна) Editar o valor en Wikidata
Sitio webolgakorbut.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1189948 Twitter: OlgaKorbut1 Olympic.org: olga-korbut WikiTree: Korbut-10 Editar o valor en Wikidata

Olga Valentinovna Korbut[nb 1], nada en Hrodna o 16 de maio de 1955 é unha ex-ximnasta belarusa. Foi seleccionada aos 11 anos na escola deportiva do goberno.[1] Alcumada o "pardal de Minsk", gañou catro medallas de ouro e dúas de prata nos Xogos Olímpicos, nos que competiu en 1972 e 1976, para o equipo da Unión Soviética,[2] e foi a primeira seleccionada para o International Gymnastics Hall of Fame en 1988.

A pesar de que se retirase da ximnasia en 1977 con vinte e dous anos, considerada aínda nova para a ximnasia,[3] a influencia de Korbut foi ampla.[4] Os seus exercicios nos Xogos de 1972 están considerados como redefinitorios da ximnasia, cambiando o deporte para dar máis énfase á acrobacia e á técnica en vez de ao ballet e a elegancia, ademais de converter a ximnasia nun dos deportes máis populares do mundo.[3]

Innovacións

[editar | editar a fonte]

A nivel técnico os dous elementos máis importantes que introduciu Korbut na ximnasia artística son o "salto Korbut" (salto mortal atrás sobre a barra de equilibrios) e o "flip Korbut" (solta nas barras asimétricas en que a ximnasta se dá a volta no aire antes de volver a agarrarse á barra). O salto Korbut foi vetado debido á súa perigosidade.

A nivel popular Korbut sempre soubo atraer a atención do público e aínda que o seu palmarés non pode compararse co de Ludmilla Tourischeva, foi un ídolo de masas e contribuíu a unha difusión inédita da ximnasia. Korbut inaugurou unha nova xeración de ximnastas delgadas e con pouca estatura (medía 1,49 metros e pesaba 38 quilos), mais con gran potencia muscular e movementos explosivos.

  1. "Biografía de Olga Korbut (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com. Consultado o 2021-05-28. 
  2. Olga Korbut Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine.. Sports Reference
  3. 3,0 3,1 Doyle, Paul (6-7-2012). "50 stunning Olympic moments No47: Olga Korbut redefines gymnastics" (en inglés). The Guardian. 
  4. McCarthy, Brigid (24-7-2012). "40 Years Ago, Soviet Gymnast Olga Korbut Dazzled the World". PRI's The World (Radio broadcast). 
  1. belaruso: Во́льга Валянці́наўна Ко́рбут, Volha Valancinaŭna Korbut; ruso: Ольга Валентиновна Корбут

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]