Noshaq
Monte Noshaq | |
---|---|
Elevación: | 7.492 metros |
Latitude: | 36° 25′ 54″ N |
Lonxitude: | 71° 41′ 42″ E |
Localización: | Afganistán, Paquistán |
Cordilleira: | Hindu Kush |
Primeira acensión: | 1960: Toshiaki Sakai, Goro Iwatsuboa |
Rota máis fácil: | ? |
O Noshaq (tamén chamado Nowshak ou Nōshākh; urdú/persa/paxto: نوشاخ) é unha montaña que con 7.492 metros conforma a maior altura de Afganistán. O pico está xusta na fronteira entre ese país e Paquistán.
Situación
[editar | editar a fonte]O pico está situado na cadea mntañosa do Hindu Kush, do cal é a segunda montaña máis elevada a continuación do Tirich Mir (7.690 m). O Noshaq està situado na liña Durand que delimita a fronteira entre Afganistán e Paquistán. Sitúase ao nordeste do primeiro país e a noroeste do segundo.
Ascensións
[editar | editar a fonte]A primeira escalada da cima do Noshaq realizouse en 1960, empresa que foi levada a cabo por Toshiaki Sakai e máis Goro Iwatsuboa, membros dunha expedición xaponesa. Utilizaron unha ruta da ladeira suroeste.
A primeira ascensíón invernal foi realizada no 1973, por Tadeusz Piotrowski e Andrzej Zawada, membros dunha expedición polaca, e subiron pola cara norte. Fiu a primeira ascensión en inverno dunha cima de máis de 7.000 m.