Nilo, Cundinamarca
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Poboación | ||||
Poboación | 4.456 (2005) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 443 m | |||
Páxina web | nilo-cundinamarca.gov.co… |
Nilo é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Alto Magndalena. Sitúase a 148 km ó suroeste de Bogotá.
Historia
[editar | editar a fonte]Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Nilo estivo habitado polo pobo indíxena panche. No ano 1627 o Oidor Lesmes de Espinosa fixo unha visita a Tocaima e ós pobos da súa xurisdición, e ordenou facer unha igrexa no hato de Francisco de Esquivel ás beiras do Sumapaz, onde debían ir a misa os veciños do Valle de Picalá e Fusagasugá.
Existían dous sitios poboados de veciños, eran Nilo cara ó lado de Tocaima e Limones contra o río Pagüey. Como a finais do século XVIII se quería aumentar a creación de parroquias de brancos na rexión, en 1783 o cura Francisco Antonio Ruíz fundou a primeira igrexa de Nilo.
O nome de Nilo deuse polas inundacións do río Pagüey que se asemellaban ás do río Nilo en Exipto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nilo, Cundinamarca |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 31 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)