Nervio óptico
Nervio óptico | |
---|---|
Nervio óptico esquerdo e optic tracts. | |
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais en inglés | |
Latín | nervus opticus |
Gray: | subject #197 882 |
MeSH | Optic+Nerve |
Nervios craniais |
---|
CN I - Olfactorio |
CN II - Óptico |
CN III - Oculomotor |
CN IV - Troclear |
CN V - Trixémino |
CN VI - Abducente |
CN VII - Facial |
CN VIII - Vestíbulococlear |
CN IX - Glosofarínxeo |
CN X - Vago |
CN XI - Accesorio |
CN XII - Hipogloso |
O nervio óptico é o segundo dos doce pares craniais. Leva información visual da retina a outras partes do sistema nervioso central.
Características
[editar | editar a fonte]Puramente sensitivo, este nervio fórmase a partir dos axóns das células nerviosas da retina. A continuación diríxese cara ao fondo da órbita. Atravésaa servíndose das canles ópticas do esfenoide. Ata este punto, cada nervio óptico porta dous conxuntos de febras. Cada conxunto está formado por unhas febras nasais (procedentes da parte medial do ollo) e por unhas febras temporais (da parte lateral do ollo). O nervio continúa cara a atrás ata chegar ó quiasma óptico, onde as febras nasais de cada nervio cambian de lado. A información recollida polo nervio óptico chegará a diversas estruturas:
- Córtex occipital, a ambos lados da cisura calcarina.
- Corpos xeniculados laterais
- Tálamo e glándula pineal
Tamén hai conexións con outras áreas do sistema nervioso central.
Lesións do nervio óptico
[editar | editar a fonte]Unha lesión de todo o nervio dun lado por diante do quiasma produce a perda de visión total do ollo dese lado. Por detrás do quiasma, pérdese o campo nasal dun ollo e o campo temporal do outro. Certos tumores cerebrais comprimen o nervio óptico e dificultan e/ou impiden a visión do ollo dese lado.