Saltar ao contido

Nauvoo, Illinois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNauvoo, Illinois
Nauvoo (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°33′00″N 91°23′06″O / 40.55, -91.385
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoIllinois
County of Illinois (en) TraducirCondado de Hancock (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación950 (2020) Editar o valor en Wikidata (75,98 hab./km²)
Número de fogares313 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie12,502551 km² Editar o valor en Wikidata
Auga29,853 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Mississippi Editar o valor en Wikidata
Altitude229 m Editar o valor en Wikidata
Creación1630 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal62354 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico217 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcityofnauvoo.org Editar o valor en Wikidata

Nauvoo é unha pequena cidade no condado de Hancock, no extremo oeste do estado de Illinois, Estados Unidos. Contaba cunha poboación de 1.071 habitantes, segundo o censo de 2007[1]. Nauvoo atrae a un gran número de visitantes cada ano por razón do seu legado histórico-relixioso, tanto para membros da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días e outros grupos derivados do movemento dos Santos dos últimos Días, como tamén polo feito de ter sido unha das notables comunidades utópicas icarianas estadounidenses. A súa proximidade ó río Mississippi engádelle elementos naturais peculiares do estado de Illinois.

A cidade foi fundada por Joseph Smith, e nomeada por el do idioma hebreo Sefardí con ortografía anglosaxoa, palabra que provén do libro de Isaías 52:7, «Como de fermosos son sobre os montes ...!»

O aspecto relixioso que dominaba o pasado de Nauvoo perdeu ímpeto hoxe en día, agora é unha rexión primordialmente produtora de viño, tendo o viñedo máis antigo do estado.[2] O código postal de Nauvoo é 62354.

O territorio que hoxe ocupa Nauvoo foi ocupado por unha colonia de indios das tribos de Fox e Sac chamada Quashquema até que foron trasladados pola Remoción India de 1824.[3] O condado de Hancock foi creado no 1825 e organizado formalmente no 1829, once anos despois de que Illinois se fixese estado. Para ese ano o territorio tiña unhas poucas familias, maiormente granxeiros e trapeiros. No 1834 dous investidores, A. White e J. B. Teas, trazaron o pobo de Commerce nunha das revoltas do Río Misisipi, a unhas 53 millas (100 km) ó norte de Quincy.[4] Cara ao 1839, a vila decaeu sen poder atraer colonizadores, e só se construíron unhas poucas casas. Os plans de éxito comercial, baseados na localización do pobo, sendo un portal cara ós rápidos na área, fracasaron especialmente polo feito de que o lugar era un pantano malárico.[5]

  1. Illinois Department of Commerce and Community Affairs (agosto, 2007). Nauvoo, Illinois - General Information Arquivado 27 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2008.
  2. Nauvoo Tourism Office. Beautiful Nauvoo (en inglés). Consultado o 03 de febreiro de 2008.
  3. Randy Johnson (1982). "17 Historical Sites Dedicated in Nauvoo". Ensign: 74–80. Consultado o 23 de decembro de 2007. 
  4. Linn, William A (1902), Nova York, The Story of the Mormons: From The Date of their Origin to the Year 1901, Macmillan, páxina 219.
  5. La Comunidad de Cristo. "Nauvoo, Illinois (1839-1844)". Nuestra Historia (en español). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2007. Joseph Smith e os outros escaparon do seu encarceramento e chegaron a Quincy en abril de 1839. Joseph púxose inmediatamente a facer os arranxos para que a igrexa construíra outra comunidade máis. Comprou a terra á beira do río de Misisipí, terra que era pantanosa e chea de mosquitos infectados de malaria. Drenaron a terra e comezaron a construción da cidade que eles chamaron Nauvoo, "o lugar fermoso".