Saltar ao contido

Morcego das ribeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morcego das ribeiras
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Myotinae
Xénero: Myotis
Especie: M. daubentonii
Nome binomial
Myotis daubentonii
(Kuhl, 1817)

Subespecies
  • M. daubentonii subsp daubentonii, Kuhl, (1817).
  • M. daubentonii subsp chasanensis, Tiunov, (1997).
  • M. daubentonii subsp loukashkini, Shamel, (1942).
  • M. daubentonii subsp nathalinae, Tupinier, (1977).
  • M. daubentonii subsp petax, Hollister, (1912).
  • M. daubentonii subsp ussuriensis, Ognev, (1927).
  • M. daubentonii subsp volgensis, Eversman, (1840).

O morcego das ribeiras (Myotis daubentonii) é unha especie de morcego de tamaño mediano a pequeno con orellas curtas. Habita a área comprendida entre Gran Bretaña e o Xapón e o seu número está a crecer moi rapidamente en varias zonas.

O seu nome científico fai referencia ao naturalista francés Louis Jean-Marie Daubenton.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Gustav Mützel, para A. E. Brehm. 1927.

O morcego das ribeiras é unha especie de tamaño mediano a pequeno. O seu pelame é dun gris amarronado no lombo e gris prateado no ventre. Os máis novos teñen o pelame máis escuro cós adultos. Os morcegos teñen a cara dun ton rosáceo, aínda que a área ao redor dos seus ollos é pelada. Cando se axita, as súas orellas forman ángulos rectos. As membranas da cola e as ás presentan unha tonalidade marrón escura.

Este animal mide entre 45 a 55 milímetros de longo, cunha lonxitude coas súas ás abertas que promedia 240 a 275 mm. Pesa entre sete e quince gramos.

Tempo de vida

[editar | editar a fonte]

Os morcegos das ribeiras poden vivir máis de vinte e dous anos.

O morcego das ribeiras pode atoparse ao longo de Gran Bretaña, Europa e en países como o Xapón e Corea. Habita os bosques e aniña en lugares próximos a fontes de auga, como ríos ou canles.

As colonias de verán están formadas en covas subterráneas, túneles, sotos, minas e pontes baixas. Estas colonias sempre están preto da auga. Este morcego tamén hiberna nos mesmos lugares dende setembro até finais de marzo ou abril.

Caza e alimento

[editar | editar a fonte]
Mapa de distribución europea

O morcego das ribeiras é insectívoro e emprega a ecolocalización para achar ás súas presas e para orientarse durante a noite. Emiten sons demasiado altos para ser captados polos humanos para detectar e interpretar o eco creado para construír unha "imaxe auditiva" dos seus arredores. Este morcego emite a ecolocalización en chamadas cuxa frecuencia se atopa entre 32 e 85 kHz, a pesar de que as típicas chamadas acadan 45 ou 50 kHz e teñen unha duración de 3.3 ms.[1][2]

Os morcegos abandonan os seus niños á tardiña e cazan insectos que habitan sobre a auga. A súa dieta principal consiste de pequenas moscas e bolboretas nocturnas. Esta especie adoita comer a súa peza cando aínda está en voo. Un morcego das ribeiras de sete gramos de peso a miúdo regresa ao seu niño con once gramos logo de só unha hora fóra, aumentando de peso nun 57%.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O apareamento leva a cabo no outono e as crías nacen durante a primavera seguinte. As femias reúnense nas colonias maternais de corenta a oitenta morcegos durante xuño e xullo. O morcego das ribeiras é capaz de voar tres semanas despois do seu nacemento e adquire a súa independencia ás seis ou oito semanas de ter nacido.

Conservación

[editar | editar a fonte]
Morcego das ribeiras voando

Todos os morcegos de Gran Bretaña están protexidos baixo a Acta de Vida Salvaxe e de Campo de 1981. Estes animais tamén están protexidos polas Regulacións para a Conservación de 1994.

O morcego das ribeiras é unha especie en perigo de extinción en Alemaña e Austria.

  1. Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.
  2. Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]