Modelo:Cronoloxía do Reino de Galicia
Aparencia
409 | Os suevos encabezados polo rei Hermerico pactan un foedus con Roma e establécense formalmente na provincia romana da Gallaecia, que pasa a ter rango de reino, con capital en Braga. |
438 | O rei Requila leva a cabo a expansión sueva pola Lusitania e Bética |
448 | Morre Requila en Emerita Augusta, o seu fillo Requiario herda o trono. |
449 | O rei suevo Requiario converte o reino ao catolicismo. |
456 | Ten lugar a batalla do Órbigo, onde unha coalición de romanos, visigodos e francos derrota aos suevos acabando coa vida do rei Requiario. |
457 | O herulo Aguiúlfo proclámase rei da Galiza. |
457-463 | Guerra civil entre os diversos reis suevos que pretenden o trono de Braga. |
463 | Remismundo logra impoñerse sobre os seus opositores e coróase rei da toda a Galiza. |
550 | Carriarico, rei de Galiza, converte o reino ao catolicismo. |
561 | Celébrase o Primeiro Concilio de Braga durante o reinado de Teodomiro |
572 | Celébrase o Segundo Concilio de Braga, auspiciado polo rei Miro. |
583 | Fracasa a alianza que o rei Miro mantiña con francos e bizantinos para intervir na guerra civil visigoda. |
585 | O rei visigodo Leovixildo depón ao rei suevo Andeca, facéndose deste xeito co reino. Os visigodos gobernarán Galiza ata o ano 711. |
587 | Celebrase o III Concilio de Toledo, ao que asisten bispos de Galiza, España e Septimania. |
698-702 | O príncipe visigodo Vitiza goberna Galiza con atribución reais, dende a súa corte en Tui. |
711 | Desembarca en Tarifa un continxente militar musulmán en apoio dos fillos de Vitiza. Derrota e morte do rei visigodo Rodrigo. |
714 e 719 | España e Septimania son respectivamente tomadas polos exércitos musulmáns. Fin da monarquía visigoda. |
711-791 | A ausencia da autoridade real, ocasiona que os nobres galaicos comecen a disputarse o control sobre Galiza. Período de conformación dun novo reino cristián na Galiza. |
791 | Afonso II fixa a capital do reino Galiza na cidade asturiana de Oviedo. |
794 | Bispos galegos acoden ao sínodo relixioso celebrado en Frankfurt. |
818 - 847 | Descubrimento dos restos atribuídos ao apóstolo Santiago o Maior. |
842 | Ramiro I derrota a Nepociano que usurpara o trono de Oviedo. |
910 | Afonso III é destronado polo seu fillo García que se coroa rei, e instala definitivamente na cidade de León a corte de Galiza. |
997 | O xeneral musulmán Almanzor saquea a cidade de Compostela. |
1027 | Morre o rei Afonso V dun frechazo durante o asedio a Viseu. |
1037 | Morte de Vermudo III de Galiza na batalla de Tamarón, contra casteláns e navarros. |
1065 | García de Galiza herda o territorio do reino de Galicia (xunto co condado de Portugal e a protección e parias de Badaxoz e Sevilla), volvéndose este independente. |
1071 | García de Galiza vese obrigado a se exiliar debido á entrada en Galiza do seu irmán Afonso VI, coaligado co outro irmán, Sancho II. |
1111 | Coroación de Afonso Raimúndez como rei de Galiza na Catedral de Santiago de Compostela. |
1128 | Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do reino de Galiza. |
1230 | Fernando III de Castela usurpa ás súas irmás os reinos de Galiza e León. |
1296-1301 | O rei Xoán I restaura a independencia galego-leonesa e titúlase rei de Galiza, León e Sevilla. |
1369 | A vilas galegas proclaman como o seu rei a Fernando I de Portugal, este logra reinar apenas uns meses ata que Henrique de Trastámara ataca Portugal. |
1386-1388 | Alianza entre nobres galegos e Inglaterra. John of Gaunt, duque de Lancaster, é coroado rei en Galiza. |
1467-1469 | Estala o conflito civil da Gran Guerra Irmandiña. |
1483 | Execución de Pero Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por orde do Gobernador dos Reis Católicos en Galiza. |
1486 | Os Reis Católicos viaxan ao reino para constatar o sometemento de todos os nobres galegos. |
1518 | Mobilización das cidades e vilas galegas para recupera-lo seu voto lexítimo en Cortes. |
1528 | Formase a Xunta do Reino de Galicia. |
1623 | O reino recupera o voto das cortes reais tras pagar 100 000 ducados. |
1808 | Formación da Xunta Suprema do Reino de Galiza coa fin de defender o reino ante os exércitos napoleónicos. Recuperación de atribucións de autogoberno extraordinarias. |
1833 | A rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asina o decreto da disolución da Xunta do Reino de Galicia. |