Mobella pequena
Mobella pequena | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto e cría | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Gavia stellata (Pontoppidan, 1763) | |||||||||||||||
Visitante de verán, e invernos no mar | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Colymbus stellatus Pontoppidan, 1763 |
A mobella pequena[2][3][4][5][6] ou movella pequena[7] é unha ave da familia das Gaviidae.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]Trátase dun ave de 53–58 cm de lonxitude e un peso entre os 1000 e 2000 gramos. Trátase das máis pequenas das movellas, cunha envergadura de 91–110 cm. O peteiro é recurvado, coas costas escuras sen debuxo. A cabeza e os laterais da cabeza son de cor gris cinza. Na época de cría mostra unha mancha vermella na parte frontal do pescozo. Os ollos son vermellos. Durante o inverno a plumaxe é semellante á da movella ártica. femia e macho son morfoloxicamente iguais. Nada coa cabeza ergueita algo escorada lateralmente. Atópase en lagos e lagoas, incluídos aqueles existentes na tundra. Aliméntase de peixes, crustáceos e batracios.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O período de cría vai de maio a xullo. O tempo de incubación é de 24-29 días. Os polos voan ás seis semanas.
Distribución
[editar | editar a fonte]Na época de cría está presente en Escandinavia, extremo norte das Illas Británicas, Islandia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa europea exceptuando a costa sur da Península Ibérica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Gavia stellata". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa.
- ↑ "Mobella pequena". TERGAL. Consultado o 20 de abril de 2023.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ De la Cigoña, Estanislao F. (2005). Lista de referencia das aves galegas. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía. ISBN 84-87904-28-9.
- ↑ VV. AA. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8.