Miryang
Miryang | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 밀양 |
Director | Lee Chang-dong |
Produtor | Lee Han-na Lee Chang-dong |
Guión | Lee Chang-dong |
Baseado en | "The Story of a Bug" de Lee Cheong-jun |
Intérpretes | Jeon Do-yeon Song Kang-ho |
Música | Christian Basso |
Fotografía | Jo Yong-gyu |
Montaxe | Kim Hyeon |
Estudio | Pine House Films |
Distribuidora | Cinema Service CJ Entertainment |
Estrea | 17 de maio de 2007 |
Duración | 142 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama |
Orzamento | 3,5 millóns de dólares |
Recadación | 11,6 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.secretsunshine.co.kr | |
Miryang (en coreano: 밀양) é un filme surcoreano de 2007 dirixido por Lee Chang-dong.[2] O guión baséase na curta de ficción "The Story of a Bug" de Lee Cheong-jun que se centra nunha muller que loita coas cuestións da dor, a loucura e a fe. O título coreano fai referencia á cidade onde se ambienta e se rodou o filme.[3] Pola súa interpretación no filme, Jeon Do-yeon gañou o Premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2007.[4][5][6] O filme tamén gañou o premio ó mellor filme nos Premios Asian Film e nos Premios Asia Pacific Screen.[7] Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme vendeu 1 710 364 entradas nos cinemas de Corea do Sur.[8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jeon Do-yeon como Lee Shin-ae
- Song Kang-ho como Kim Jong-chan
- Jo Young-jin como Park Do-seop
- Kim Young-jae como Lee Min-ki
- Song Mi-rim como Jeong-ah
- Seon Jeong-yeop
- Kim Mi-hyang
- Lee Yoon-hee
- Kim Jong-su
- Kim Mi-kyung
- Yeom Hye-ran
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Box office by Country: Secret Sunshine". Box Office Mojo. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Lim, Dennis (24 de agosto de 2011). The Criterion Collection, ed. "Secret Sunshine: A Cinema of Lucidity". Consultado o 12 de agosto de 2013.
- ↑ Paquet, Darcy. Koreanfilm.org, ed. "Secret Sunshine". Consultado o 12 de agosto de 2013.
- ↑ Scott, A. O. (26 de maio de 2007). The New York Times, ed. "Festival Distinguished by Its Strong Actresses". Consultado o 12 de agosto de 2013.
- ↑ Korea JoongAng Daily, ed. (7 de xuño de 2007). "Cannes top prize goes to Korean film actress". Consultado o 12 de agosto de 2013.
- ↑ Rao, Anjali (24 de outubro de 2007). CNN TalkAsia, ed. "Interview with Jeon Do-yeon". Consultado o 12 de agosto de 2013.
- ↑ Asia Pacific Screen Awards (ed.). "APSA Nominees & Winners". Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ "Theatrical Releases in 2007: Box-Office Admission Results". Koreanfilm.org. Consultado o 4 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Miryang na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)