Saltar ao contido

Minoru Muraoka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMinoru Muraoka
Nome orixinal(ja) 村岡実 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor en Wikidata
Miyakonojō, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Actividade
Ocupaciónmúsico de jazz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoShakuhachi Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: a900bd7e-ef4d-4ca1-8213-7c70a395a554 Discogs: 1145733 Editar o valor en Wikidata

Minoru Muraoka (en xaponés: 村岡実 ), nado en Miyakonojō no ano 1923[1] (aínda que outras referencias sitúan o seu lugar de nacemento en Yamada[2]) e finado en Miyazaki[3] o 2 de xaneiro de 2014, foi un frautista xaponés de jazz. Muraoka é recordado como o pioneiro que introduxo a shakuhachi, frauta de bambú tradicional do folclore xaponés, no jazz internacional e como extensión na música xaponesa contemporánea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en 1923, Muraoka comezou a estudar o shakuhachi cando era adolescente. A finais dos anos 50, tras practicar as obras de Shinkyoku shakuhachi, propias da Era Meiji, decide comezar a fusionalas co jazz. A finais dos 60, cun grupo de músicos bautizados como The Life Theatres, Muraoka publicou o álbum de jazz-rock Shakuhachi Rock. A crítica occidental apenas o cualificaría como música rock se non fose por "artificios rítmicos".[4]

O 7 de abril de 1970 gravou e estreou en privado Osorezan, un concerto en directo dedicado ao monte Osore, o volcán activo e a mitolóxica "entrada ao inferno" no norte de Xapón. Unha mestura de música folclórica, pop, rock e jazz occidental.

Discografía, como solista

[editar | editar a fonte]
  • Bamboo (United Artist Records, 1970)
  • So (United Artist Records 1973)
  1. "Muraoka Minoru 村岡 実". Consultado o 15 de decembro de 2024. 
  2. "Minoru Muraoka". Consultado o 15 de decembro de 2024. 
  3. "村岡実氏が死去 尺八奏者". Consultado o 15 de decembro de 2024. 
  4. "The Shakuhachi Jazz Of Minoru Muraoka". Consultado o 30 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]