Miguel Villanueva
Miguel Villanueva y Gómez, nado en Madrid o 31 de outubro de 1852 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1931, foi un avogado e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas, e durante o reinado de Afonso XIII, foi ministro de Fomento, ministro de Mariña, ministro de Estado e ministro de Facenda. Así mesmo desempeñou o cargo de presidente do Congreso en varias lexislaturas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras conseguir o doutoramento en Dereito na Universidade Central de Madrid trasládase a Cuba onde conseguirá a cátedra de Dereito Civil pola Universidade da Habana e iniciará a súa carreira política como concelleiro da Habana sendo elixido, en 1881, deputado por Cuba en representación do Partido Liberal; escano que volvería obter nas sucesivas eleccións até a de 1898. A perda das colonias españolas fai que a partir de entón se presentase nos seguintes procesos electorais pola circunscrición de Logroño, na que conseguiu o escano entre 1901 e 1931.
Cargos no goberno
[editar | editar a fonte]Foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas entre o 6 de marzo de 1901 e o 19 de marzo de 1902. Durante dous breves períodos (15 a 23 de xullo de 1901 e 9 a 17 de xaneiro de 1902) fíxose coa carteira de Gobernación de forma interina.[1] Pasou a ocupar a carteira de ministro de Mariña entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905[2] e, posteriormente foi nomeado ministro de Fomento, carteira que ocupou entre o 12 de marzo de 1912 e o 24 de maio de 1913.[3] Así mesmo foi ministro de Estado entre o 9 de decembro de 1915 e o 25 de febreiro de 1916. Finalmente, ostentou a carteira de Facenda en dúas ocasións: entre o 25 de febreiro e o 30 de abril de 1916 e entre o 4 de abril e o 3 de setembro de 1923.[4]
Outros cargos
[editar | editar a fonte]Foi presidente do Congreso dos Deputados en varias lexislaturas: na de 1911-1913, na de 1916-1917, na de 1917 e na de 1918-1919.[5] O 2 de xaneiro de 1923, foi nomeado alto comisario de España en Marrocos mais non chegou a tomar posesión do cargo por motivos de saúde.[6]
Ingresou como membro de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas o 15 de decembro de 1929, cun discurso que versou sobre «réxime representativo e parlamentario», que foi contestado por Niceto Alcalá-Zamora.[7]
Faleceu na súa casa no número 9 da madrileña rúa de Felipe IV ás once da noite do 19 de setembro de 1931,[8] e foi soterrado no cemiterio sevillano de San Fernando, no panteón familiar.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Urquijo (2008), p. 87
- ↑ Urquijo (2008), p. 91
- ↑ Urquijo (2008), p. 98
- ↑ Urquijo (2008), p. 106
- ↑ Jerónimo Sánchez-Beato, Estefanía; Morales Payán, Miguel Ángel (2004). La presidencia de las Cortes en el constitucionalismo histórico español. Almería: Universidade de Almería. p. 181. ISBN 84-8240-743-0.
- ↑ Vilanova (2005), p. 695
- ↑ "«Recepción de don Miguel Villanueva». La Época 81 (28.069)" (81). Madrid. 16 de decembro de 1929. p. 3. ISSN 2254-559X. Consultado o 13-06-2018.
- ↑ "Anoche falleció en Madrid el expresidente del Congreso D. Miguel Villanueva". El Sol (4.401) (Madrid, publicado o 20 de setembro de 1931). XV. p. 1. ISSN 2171-262X. Consultado o 13-06-2018.
- ↑ "Entierro de don Miguel Villanueva". La libertad (3591) (Madrid, publicado o 23 de setembro de 1931). XIII. p. 4. ISSN 9968-4942. Consultado o 13-06-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Villanueva |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea. Col. Biblioteca de Historia (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08737-1.
- Villanova, José Luis (2005). "La pugna entre militares y civiles por el control de la actividad interventora en el protectorado español en Marruecos (1912-1956)". Hispania. Revista Española de Historia (Madrid: CSIC) 65 (220): 683–716. ISSN 0018-2141.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Deputados nas Cortes Españolas durante a Restauración
- Finados en 1931
- Nados en Madrid
- Nados en 1852
- Protectorado Español de Marrocos
- Alumnos da Universidade Central de Madrid
- Ministros de España
- Presidentes do Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Ministros de Asuntos Exteriores de España