Mighty Max
Mighty Max é unha serie estadounidense de debuxos animados creada por Rob Hudnut e Mark Zaslove. A súa estrea foi no 1 de setembro do 1993. A serie contén dúas tempadas cun total de 40 capítulos de 21 minutos aproximadamente. Ramataría o 25 de novembro do 1994. En Galiza a serie foi transmitida pola TVG dentro do contedor infantil/xuvenil Xabarín Club.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mighty Max é un rapaz aventureiro que un día chegado a casa recibiu un paquete que contiña un baúl, e dentro del, unha pequena estatua semellante a da unha ave cuns escritos xeroglíficos exipcios embaixo. A tradución revelaba unha mensaxe que dicía que Max fora escollido para se-lo portador dunha gorra e que fose a Minimart e que agardase aló por un sinal. Impresionado ó ver que a mensaxe ía dirixida directamente a el, Mighty Max deixou cae-la figura facéndose anacos, amosando que dentro dela agochábase unha gorra de cor vermella cun gran "M" amarelo. Axiña coñecería en Minimart a Virgilio, un moucho paroleiro, e a Norman, o seu gardacostas viquingo.