Micoestróxeno
Os micoestróxenos son xenoestróxenos producidos por fungos. Quimicamente non son realmente estróxenos nin esteroides, mais son estruturalmente parecidos e teñen afinidade cos receptores de estróxenos e certa capacidade estroxénica. Con frecuencia son denominados micotoxinas, aínda que non todas as micotoxinas son micoestróxenos.[1] Entre os micoestróxenos máis importantes están os seguintes: zearalenona (ZEN), zearalenol e zearalanol.[2] Aínda que todos eles poden producilos varias especies do mofo Fusarium,[3][4] o zearalenol e o zearalanol poden tamén ser producidos endoxenamente en ruminantes que inxeriron zearalenona.[5][6] O alfa-zearalanol tamén se pode producir semisinteticamente, para o seu uso veterinario, pero tal uso está prohibido na Unión Europea.[7]
Mecanismo de acción
[editar | editar a fonte]Os micoestróxenos actúan como agonistas dos receptores de estróxenos (ER), ERα e ERβ.
Fontes
[editar | editar a fonte]Os microestróxenos prodúcenos varias cepas de fungos, moitos dos cales son do xénero Fusarium. Os mofos Fusarium son fungos filametosos que se encontran no solo e están asociados con plantas silvestres e cultivadas, especialmente cereais.[8] A zearalenona é producida principalmente por cepas de F. graminearum e F. culmorum, que habitan en diferentres áreas do mundo dependendo da temperatura e humidade. F. graminearum prefire vivir sitios cálidos e húmidos como Europa oriental, América do Norte, Australia oriental, e a China meridional en comparación con F. colmorum que se encontra na máis fría Europa occidental.[9]
Efectos sobre a saúde
[editar | editar a fonte]Os micoestróxenos imitan os estróxenos naturais no corpo ao actuaren como ligandos dos receptores de estróxenos (ER).[8] Os micoestróxenos foron identificados como disruptores ou perturbadores endócrinos debido á súa alta afinidade polos ERα e ERβ, que excede a de antagonistas ben coñecidos como o bisfenol A e o DDT.[10] Realizáronse estudos que suxiren fortemente unha relación entre os niveis detectables de micoestróxenos e o crecemento e desenvolvemento na puberdade. Varios estudos mostraron que os niveis detectables de zearalenona e o seu metabolito alfa-zearalanol en mozas están asociados cun acurtamento significativo da súa altura na menarquía.[1][10] Outros informes documentaron o comezo prematuro da puberdade en rapazas. Os estróxenos causan unha diminución do peso corporal en modelos animais e o mesmo efecto observouse en ratas expostas á zearalenona.[11] Tamén se documentaron interaccións da zearalenona (ZEN) e seu metabolito cos receptores de andróxenos humanos (hAR).[9]
Metabolismo
[editar | editar a fonte]A zearalenona (ZEN) ten dous metabolitos principais de fase I: α-zearalenol e β-zearalenol.[11][9] Cando somos expostos oralmente á ZEN, é absorbida polo revestimento intestinal e metabolizada alí e no fígado.[11] A investigación do metabolismo da ZEN foi difícil debido á significativa diferenza na biotransformación entre as especies que fai que a comparación sexa todo un reto.
Fase I
[editar | editar a fonte]A primeira transformación do metabolismo da zearalenona (ZEN) reduce o seu grupo cetona a un alcohol por hidroxilación alifática e o resultado é a formación dos dous metabolitos zearalenol. Este proceso é catalizado pola 3 α- e 3 β-hidroxi esteroide deshidroxenase (HSD). As encimas CYP450 catalizan entón a hidroxilación aromática nas posicións 13 ou 15, dando lugar a 13- ou 15- catecois. Sospéitase que os impedimentos estéricos na posición 13 son a razón de que nos humanos e as ratas estea presente en máis cantidade o 15-catecol. Os catecois son procesados en monoetil ésteres pola catecol-O-metil transferase (COMT) e a S-adenosilmetionina (SAM). Despois desta transformación poden ser metabolizados ulteriormente a quinonas, que poden causar a formación de especies reactivas do oxíxeno (ROS) e causar a modificación covalente do ADN.[12]
Fase II
[editar | editar a fonte]A metabolización de fase II comprende a glicuronidación e sulfatación do composto micoestróxeno. A glicuronidación é a principal vía metabólica da fase II. A tranferase UGT (5'-difosfato glicuronosiltransferase) engade un grupo ácido glicurónico cedido pola uridina 5'-difosfato ácido gñicurónico (UDPGA).[12]
Excreción
[editar | editar a fonte]Os micoestróxenos e os seus metabolitos son en gran medida excretados polos ouriños nos humanos e polas feces noutros animais.[12]
En alimentos
[editar | editar a fonte]Os microestróxenos atópanse comunmente nos grans de cereias almacenados. Poden proceder de fungos que creceron nos grans cando a planta vivía ou despois de ser colleitada durante o almacenamento. Os micoestróxenos poden encontrarse na forraxe fermentada ensilada.[13] Algunhas estimacións indican que o 25% da produción de cereais global e o 20% da produción de plantas global pode estar ata certo punto contaminada por micotoxinas, das cales os micoestróxenoss, especialmente os procedentes de cepas de Fusarium, poden supoñer unha significativa porción.[9] Entre os micoestróxenos que contaminan plantas están a zearalenona (ZEN) e os seus metabolitos de fase I. O límite para a ZEN en cereais non procesados, produtos de moenda e alimentos de cereais é de 20-400 μg/kg (dependendo do produto en cuestión).[9]
Tipos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Rivera-Núñez Z, Barrett ES, Szamreta EA, Shapses SA, Qin B, Lin Y, Zarbl H, Buckley B, Bandera EV (marzo de 2019). "Urinary mycoestrogens and age and height at menarche in New Jersey girls". Environmental Health 18 (1): 24. PMC 6431018. PMID 30902092. doi:10.1186/s12940-019-0464-8.
- ↑ Fink-Gremmels, J.; Malekinejad, H. (outubro de 2007). "Clinical effects and biochemical mechanisms associated with exposure to the mycoestrogen zearalenone". Animal Feed Science and Technology 137 (3–4): 326–341. doi:10.1016/j.anifeedsci.2007.06.008.
- ↑ Richardson, Kurt E.; Hagler, Winston M.; Mirocha, Chester J. (setembro de 1985). "Production of zearalenone, .alpha.- and .beta.-zearalenol, and .alpha.- and .beta.-zearalanol by Fusarium spp. in rice culture". Journal of Agricultural and Food Chemistry 33 (5): 862–866. doi:10.1021/jf00065a024.
- ↑ Hsieh HY, Shyu CL, Liao CW, Lee RJ, Lee MR, Vickroy TW, Chou CC (abril de 2012). "Liquid chromatography incorporating ultraviolet and electrochemical analyses for dual detection of zeranol and zearalenone metabolites in mouldy grains". Journal of the Science of Food and Agriculture 92 (6): 1230–7. PMID 22012692. doi:10.1002/jsfa.4687.
- ↑ Miles CO, Erasmuson AF, Wilkins AL, Towers NR, Smith BL, Garthwaite I, Scahill BG, Hansen RP (outubro de 1996). "Ovine metabolism of zearalenone to α-zearalanol (zeranol).". Journal of Agricultural and Food Chemistry 44 (10): 3244–50. doi:10.1021/jf9601325.
- ↑ Kennedy DG, Hewitt SA, McEvoy JD, Currie JW, Cannavan A, Blanchflower WJ, Elliot CT (1998). "Zeranol is formed from Fusarium spp. toxins in cattle in vivo". Food Additives and Contaminants 15 (4): 393–400. PMID 9764208. doi:10.1080/02652039809374658.
- ↑ Thevis M, Fusshöller G, Schänzer W (2011). "Zeranol: doping offence or mycotoxin? A case-related study". Drug Testing and Analysis 3 (11–12): 777–83. PMID 22095651. doi:10.1002/dta.352.
- ↑ 8,0 8,1 Ding X, Lichti K, Staudinger JL (xuño de 2006). "The mycoestrogen zearalenone induces CYP3A through activation of the pregnane X receptor". Toxicological Sciences 91 (2): 448–55. PMC 2981864. PMID 16547076. doi:10.1093/toxsci/kfj163.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Bryła M, Waśkiewicz A, Ksieniewicz-Woźniak E, Szymczyk K, Jędrzejczak R (abril de 2018). "Fusarium Mycotoxins in Cereals and Their Products-Metabolism, Occurrence, and Toxicity: An Updated Review". Molecules 23 (4). PMC 6017960. PMID 29677133. doi:10.3390/molecules23040963.
- ↑ 10,0 10,1 Bandera EV, Chandran U, Buckley B, Lin Y, Isukapalli S, Marshall I, King M, Zarbl H (novembro de 2011). "Urinary mycoestrogens, body size and breast development in New Jersey girls". The Science of the Total Environment 409 (24): 5221–7. Bibcode:2011ScTEn.409.5221B. PMC 3312601. PMID 21975003. doi:10.1016/j.scitotenv.2011.09.029.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Hueza IM, Raspantini PC, Raspantini LE, Latorre AO, Górniak SL (marzo de 2014). "Zearalenone, an estrogenic mycotoxin, is an immunotoxic compound". Toxins 6 (3): 1080–95. PMC 3968378. PMID 24632555. doi:10.3390/toxins6031080.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Mukherjee D, Royce SG, Alexander JA, Buckley B, Isukapalli SS, Bandera EV, Zarbl H, Georgopoulos PG (2014-12-04). "Physiologically-based toxicokinetic modeling of zearalenone and its metabolites: application to the Jersey girl study". PLOS ONE 9 (12): e113632. Bibcode:2014PLoSO...9k3632M. PMC 4256163. PMID 25474635. doi:10.1371/journal.pone.0113632.
- ↑ González Pereyra ML, Alonso VA, Sager R, Morlaco MB, Magnoli CE, Astoreca AL, Rosa CA, Chiacchiera SM, Dalcero AM, Cavaglieri LR (abril de 2008). "Fungi and selected mycotoxins from pre- and postfermented corn silage". Journal of Applied Microbiology 104 (4): 1034–41. PMID 18005347. doi:10.1111/j.1365-2672.2007.03634.x.
- ↑ Marin S, Ramos AJ, Cano-Sancho G, Sanchis V (outubro de 2013). "Mycotoxins: occurrence, toxicology, and exposure assessment". Food and Chemical Toxicology 60: 218–37. PMID 23907020. doi:10.1016/j.fct.2013.07.047.