Saltar ao contido

Michael Finley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichael Finley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Melrose Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison
Proviso East High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso98 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhoenix Suns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Boston Celtics
Phoenix Suns
Dallas Mavericks
San Antonio Spurs
1991–1995 Wisconsin Badgers
Participou en
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002
1993Universíada de Verão de 1993 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1186828 Twitter: MichaelFinley Instagram: michaelfinley4 Editar o valor en Wikidata

Michael Howard Finley, nado o 6 de marzo de 1973 en Melrose Park, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Finley xogou catro tempadas na Universidade de Wisconsin, converténdose no máximo anotador da historia de Wisconsin con 2.147, superando a Danny Jones na tempada 1994-95, o seu ano sénior. Foi nomeado All-American no seu tres últimas tempadas e durante a súa carreira fixo 18,7 puntos, 5,6 rebotes e 3,2 asistencias por partido. Como sophomore realizou a súa mellor tempada estatisticamente con 22.1 puntos, batendo a marca de máis puntos nunha tempada con 620 en total. Foi elixido no mellor quinteto da Big Ten Conference tanto como sophomore como sénior (primeiro Badger en selo desde John Kotz en 1941) e no segundo quinteto no seu ano júnior. É o único xogador na historia de Wisconsin en anotar máis de 500 puntos en tres campañas consecutivas e en 1993 foi nomeado Atleta Norteamericano Masculino do Ano.

Foi seleccionado por Phoenix Suns no Draft de 1995 na 21º posición. Tivo unha primeira tempada na NBA moi exitosa, sendo nomeado no mellor quinteto de rookies da campaña e quedando en terceira posición na votación ao Rookie do Ano, tras facer 15 puntos por partido, 4.6 rebotes e 3.5 asistencias. Converteuse nun do tres rookies na historia dos Suns en anotar 1.000 puntos na súa primeira tempada. A pesar diso, foi traspasado a Dallas Mavericks en 1997 xunto con Sam Cassell, A.C. Green e unha segunda rolda de draft a cambio de Jason Kidd, Tony Dumas e Loren Meyer. Na súa primeira tempada nos Mavs, liderou ao equipo en anotación, asistencias e roubos de balón. Xunto co outro ex Suns Steve Nash e o alemán Dirk Nowitzki, convertéronse na columna vertebral do equipo e na máxima referencia ofensiva, sendo coñecidos como "The Big Three".

En 2000, asistiu ao seu primeiro All-Star Game, anotando once puntos no partido. En 2001 volveu ser seleccionado e en 2002 formou parte do equipo nacional estadounidense que participou no Mundial de Indianápolis e foi derrotado por primeira vez desde que forman parte dos combinado xogadores da NBA pola Arxentina. Máis tarde, Iugoslavia e España tamén lle bateron, sendo eliminado en cuartos de final.

Nos Mavericks continuaba sendo, con Nowitzki, o máximo artilleiro, ademais de realizar actuacións que lle converteron nun dos xogadores máis decisivos da liga cando o partido chega á hora de ser decidido. Por razóns financeiras, foi cortado polos Mavericks en 2005, converténdose en axente libre restrinxido e posteriormente, asinando por San Antonio Spurs. Na súa primeira tempada no equipo, foi eliminado dos playoffs en semifinais de conferencia polos seus antigos compañeiros de Dallas Mavericks, ao cabo subcampións da NBA. No seguinte ano foi campión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]