MetroLyrics
MetroLyrics | |
---|---|
Tipo | online lyrics database |
Data de fundación | 30 de decembro de 2002 |
Fundador(es) | Milun Tesovic |
Sede | Vancouver |
Na rede | |
https://www.metrolyrics.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
MetroLyrics é unha páxina web adicada ás letras de cancións, fundada no ano 2002. A base de datos de MetroLyrics contén máis de 1 millón de cancións realizadas por máis de 16.000 artistas.
MetroLyrics foi a primeira web de cancións que engadiu o catálogo de licenzas de Gracenote Inc. en abril de 2008.[1] A través deste modelo de concesión de licenzas de cancións, os titulares dos dereitos de autor das cancións acumulan ingresos por regalías cando o seu traballo se amosa en MetroLyrics.com. As regalías páganse por todas as letras que se amosan e manéxanse a través de Gracenote. En xaneiro de 2013, LyricFind adquiriu o negocio de licenzas de letras de Gracenote, e fusionouna coa súa propia conta.[2] O modelo de licenza MetroLyrics é distinto, xa que moitos outros sitios web de letras aínda ofrecen contido que están presuntamente sen licenza e violan os dereitos de autor.[3]
MetroLyrics foi adquirida por CBS Interactive en outubro de 2011.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Metroleap.com (en inglés)
- ↑ "Welcoming Gracenote and Larry Marcus!" (en inglés). 15 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 9 de novembro de 2014.
- ↑ Plambeck, Joseph (9 de maio de 2010). "Lyrics Sites at Center of Fight Over Royalties". The New York Times (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2014.
- ↑ "CBS Interactive Music Group broadens distribution of its core assets to metrolyrics.com’s Global Audience of more than 25 million users" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01-01-2012. Consultado o 9 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina webArquivado 20 de setembro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)