Metate
Aparencia
Metate (do náhuatl metlatl ) é o nome que se dá en América Latina, e especialmente en México, a un morteiro de pedra cortado rectangularmente.
Partes e tipos
[editar | editar a fonte]O metate consta de dous elementos, a placa de moer rectangular denominada habitualmente metate e outra peza cilíndrica, tamén de pedra, con extremos de menor diámetro para poder agarrar con seguridade coñecida como metlapilli, man de metate ou "fillo do metate", que se usa contra o metate para moer grans ou outro elemento de presión entre ambos para romper o gran. Pódese atopar en diferentes tamaños, algúns miden uns poucos centímetros e outros alcanzan máis dun metro de lonxitude. [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yucatán en el tiempo. Mérida, Yucatán. 1998. ISBN 970 9071 04 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metate |