Meri Te Tai Mangakahia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1868 Hokianga Harbour, Nova Zelandia (en) |
Morte | 10 de outubro de 1920 (52 anos) Panguru, Nova Zelandia |
Causa da morte | gripe de 1918 gripe |
Actividade | |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres, suffragette, sufraxista |
Familia | |
Cónxuxe | Hamiora Mangakahia |
Meri Te Tai Mangakahia, nada en Lower Waihou o 22 de maio de 1868 e finada en Panguru o 10 de outubro de 1920, foi unha militante a prol do sufraxio feminino en Nova Zelandia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mangakahia naceu en Lower Waihou, preto de Panguru no val de Hokianga. Era a filla de Re Te Tai, un membro do "Te Rarawa iwi" e xefe moi influente. Foi educada no convento de St Mary, en Auckland.
Mangakahia foi a muller de Hamiora Mangakahia, quen, en 1892, foi elixido Ministro do Parlamento de Kotahitanga en Hawke's Bay. O ano seguinte, Meri Mangakahia abordou a asemblea (foi a primeira muller a facelo), presentando un movemento en favor do sufraxio feminino, e queda como, membro do Parlamento. Observou que as mulleres maorí eran propietarias de terras e que por iso non se lles debía impedir que tiveran representación política. Máis tarde uniuse ó comité de mulleres do movemento Kotahitanga, manténdose involucrada na política maorí e movementos sociais.
Segundo a familia, morreu por mor da gripe. Tiña 4 fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "So that women may receive the vote", texto de Meri Te Tai Mangakahia ao Parlamento Kotahitanga en 1893, Ministerio de Cultura e Patrimonio de Nova Zelandia. (en maorí) e (en inglés)
- Biografía na páxina oficial do Ministerio de Cultura e Patrimonio de Nova Zelandia. (en inglés)
- Biografía no Dictionary of New Zealand Biography. (en inglés)