Melanismo
O melanismo[1] é un exceso de pigmentación escura nun animal, poboación ou grupo, o cal se traduce nun ennegrecemento da pel. Un exemplo típico é a 'pantera negra': un leopardo ou un xaguar con pelame completamente negra.
É frecuente que por mor dun incremento da actividade industrial, e con ela dos fondos escuros, aumenten as formas escuras ou melánicas e diminúan as formas claras, debido á mellor camuflaxe que ofrecen as primeiras. Este fenómeno chámase melanismo industrial. Nos peixes Betta splendens o melanismo é común, tendo unha cor negra anormal.
Xenética do melanismo
[editar | editar a fonte]Mutacións en diversos xenes, como MC1R ou Agouti, poden provocar o melanismo.
Crese que os xenes responsables do melanismo contribúen a causar unha maior resistencia contra virus, debido a que se observou un incremento significativo de melanismo en poboacións de leopardos onde se rexistraron pandemias.[2]
Cómpre sinalar que o melanismo pode ser de grande utilidade, debido a que a melanina serve para obter enerxía captando fotóns de radiacións electromagnéticas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para melanismo.
- ↑ Super Cat Documentary, National Geographic Channel
- ↑ Publicación de Arturo Solis Herrera
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melanismo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kettlewell, Bernard (1973). The Evolution of Melanism. Clarendon Press. ISBN 0-19-857370-7.
- Majerus, Michael (1998). Melanism: Evolution in Action. Oxford University Press. ISBN 0-19-854982-2.
- Melanism and disease resistance in insects
- Fryer, G. 2013. How should the history of industrial melanism in moths be interpreted? The Linnean. 29 (2): 15 - 22.