Marta Hotus Tuki
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1969 (55 anos) Illa de Pascua, Chile |
Actividade | |
Ocupación | política |
Marta Raquel Hotus Tuki, nada o 29 de xullo de 1969 na illa de Pascua (Chile), é unha política rapanui militante do Partido Demócrata Cristián (PDC). Foi gobernadora da provincia da Illa de Pascua dende o 12 de marzo de 2014 até o 9 de setembro de 2015.[1][2] Tamén foi concelleira da illa de Pascua entre o 6 de decembro de 2008 e o 12 de marzo de 2014. Tamén foi elixida concelleira nas eleccións municipais de 2016 e de 2021.