Saltar ao contido

María Josefa Yzuel Giménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Josefa Yzuel Giménez
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor en Wikidata (83/84 anos)
Jaca, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria, física Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Granada
Universidade de Zaragoza
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1276249 Dialnet: 788159

María Josefa Yzuel, nada en Jaca (Huesca) en 1940, é unha física española. En 1971 obtivo o título de Profesora Agregada de Universidade na área de física, converténdose na primeira muller en acadar esta titulación no estado español.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empezou a súa carreira científica na Universidade de Zaragoza onde se licenciou en Ciencias Físicas no ano 1962 e doutorouse en 1966. Obtivo o título de Profesora Agregada de Universidade en física no ano 1971, e en 1982 conseguiu ser Catedrática de Universidade.[2]

Ao comezo da súa actividade académica foi docente nas universidades de Granada e Zaragoza. Desde 1983 forma parte do persoal académico da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), onde traballa como profesora emérita. Na UAB, levou a cabo tarefas docentes, de investigación, e participou en diferentes órganos de goberno. A súa investigación centrouse sempre no campo da Óptica, contribuíndo con publicacións científicas e dirixindo teses doutorais.[3] Os últimos vinte anos estivo traballando en filtros de transmisión solar non uniforme para a mellora da calidade dos sistemas ópticos e lentes formadores de imaxes, na introdución da información de cor no proceso de recoñecemento óptico de formas e no uso e caracterización de pantallas de cristal líquido para a xeración de elementos ópticos difractivos.[4][5] Fundou o Laboratori de Processat d’Imatges na UAB e liderou o proxecto europeo A new 3D measurement technique for fast inspection of large, slightly unflat surfaces no programa Competitive and Sustainable Growth (2002-2005).[6]

Tamén é Académica Numeraria da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona, da Academia de Ciencias de Granada e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas, Químicas e Naturais de Zaragoza.[7][8]

Ao longo da súa traxectoria desempeñou diversos cargos como o de Presidenta da Sociedade Española de Óptica, e pertenceu a directiva de diversas asociacións como a International Society for Optics and Photonics (SPIE).[9]

Na súa carreira manifestou o seu interese e compromiso na promoción do papel das mulleres na ciencia. É socia da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) e participa activamente nas actividades do nodo catalán desta asociación (AMIT-cat) e foi unha das fundadoras do Grupo Mulleres na Física da Real Sociedade Española de Física. Este traballo en favor dos dereitos das mulleres foi recoñecido e premiado pola UAB no 2011.[2]

É unha das mulleres cuxa biografía se inclúe no libro Aragonesas con voz propia.[10]

Na súa honra The International Society for Optics and Photonics (SPIE) entrega o Premio M. Josefa Yzuel Educator Award, en recoñecemento a contribucións excepcionais no campo da educación en óptica.[11]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2012 foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Miguel Hernández de Elxe.[12]

En 2013 recibiu a Orde de Afonso X o Sabio.[2]

Premio de Física da Real Sociedade Española de Física - Fundación BBVA (2014) por unha “traxectoria científica e académica que impulsou notablemente o campo da Óptica a nivel nacional, ademais de estar presente de forma destacada en foros internacionais”.[13]

  1. "María Josefa Yzuel, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-11-16. Consultado o 2020-05-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "María Josefa Yzuel Giménez". AMIT (en castelán). 2015-11-09. Consultado o 2020-05-16. 
  3. "Publicaciones en Google Academics". Consultado o 30 de abril de 2014. 
  4. Escalera Merino, Juan Carlos (1991). "Influencia de filtros de transmision no uniforme y dependientes de la longitud de onda sobre la calidad de la imagen policromatica de los sistemas opticos" (en castelán). Universitat Autònoma de Barcelona. 
  5. Octavi López Coronado (Tesis doctoral) (julio de 2007). "Control de la respuesta de un sistema óptico mediante pupilas de transmisión no uniforme y lentes multiplexadas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  6. "Laboratori d'Òptica UAB". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 18 març 2013. 
  7. "Real Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  8. "Academia de Ciencias de Granada". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2014. 
  9. "International Society for Optics and Photonics". 
  10. Domene Benito (2019). Aragonesas con voz propia. ISBN 978-84-09-09169-0. 
  11. "Premio M. Josefa Yzuel SPIE". 
  12. "M. Josefa Yzuel será investida doctora honoris causa por la UMH - UAB Barcelona". www.uab.cat. Consultado o 2020-05-19. 
  13. "Fundación BBVA- Premios". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]