María Chenlo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Valga |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Instrumento | Voz |
María Chenlo nada en Valga,[cando?] na provincia de Pontevedra, é unha cantante e actriz galega.
Biografía
[editar | editar a fonte]Con 13 anos actúa por primeira vez no Casino de Padrón. Máis tarde recibirá clases na Academia de Música Charleston. Seguiu a formarse na Academia Rosalino de Valga. Chega a cantar na Orquestra Ruada. Anos máis tarde percorreu co seu actual marido a xeografía galega co dúo Stereo. Compaxina a súa actividade nos escenarios co traballo de mecánica.[Cómpre referencia]
Está casada con Jesús Rodríguez, relacionado tamén co mundo da música, co que ten un fillo chamado Michael. No ano 2007 participou na primeira edición do programa da TVG Son de estrelas como representante da Comarca de Caldas e obtén o segundo posto despois de recibir grande apoio do público durante todo o concurso, especialmente na fase final. En 2012-2013 concursa como impostora, no programa da mesma cadea de televisión, O clan dos impostores.
Co tema Si no vuelves más representou a Galicia no Festival Gayvisión 2011.[Cómpre referencia]