Manifesto dos persas
Manifesto dos persas é o nome que tomou un documento asinado o 12 de abril de 1814, en Madrid, por sesenta e nove deputados das Cortes españolas, á fronte dos cales asinou o deputado por Sevilla, Bernardo Mozo de Rosales. Nel pedíase ao rei Fernando VII, que retornaba do exilio francés e se atopaba en Puçol[1] (Valencia), o retorno ao Antigo Réxime e o derrogamento da lexislación creada polas Cortes de Cádiz dende 1812.
Características
[editar | editar a fonte]O manifesto tomou o seu nome a partir dunha cita, no mesmo documento, no que se refire ao costume dos antigos persas para gozar de cinco días de anarquía despois da morte do rei. Os autores identificaban esa anarquía co período do liberalismo vixente dende a Constitución de Cádiz até ese momento. O documento equiparaba á constitución gaditana á Revolución francesa e reclamaba a restauración dos estamentos e os privilexios tradicionais do Antigo Réxime.
O documento foi empregado polo rei para elaborar o decreto do 4 de maio no que se leva a cabo o restablecemento do absolutismo.
Asinantes
[editar | editar a fonte]Nº | Deputado | Circunscrición | Observacións |
---|---|---|---|
1 | Bernardo Mozo y Rosales | Sevilla | |
2 | Juan José Sánchez de la Torre | Burgos | |
3 | Bernardo de Escobar | León | |
4 | Diego Henares Tiendas | Córdoba | D. Diego de Henares y Tienda, natural de la villa de Baena, y vicario eclesiástico de sus iglesias[2] |
5 | Ignacio Ramón de Roda | Galicia | |
6 | Antonio Gómez Calderón | Córdoba | |
7 | Juan Antonio Fernández de la Cotera | Burgos | |
8 | Miguel de Frías | Toledo | |
9 | Buenaventura Domínguez | Galicia | |
10 | Roque María Mosquera | Galicia | |
11 | Gerónimo Castillón | Aragón | |
12 | Manuel Márquez Carmona | Córdoba | |
13 | Joaquín Moliner | Valencia | |
14 | José Antonio Navás | Cataluña | |
15 | Gregorio Ceruelo | Palencia | |
16 | Benito Arias de Prada | Galicia | |
17 | Francisco Javier Mier | Granada | Bispo de Almería |
18 | Ramón Cubells | Valencia | |
19 | Pablo Fernández de Castro | Galicia | |
20 | Pedro Alcántara Díaz de Labanderos | Palencia | |
21 | Valentín Zorrilla de Velasco | Burgos | |
22 | Manuel Gaspar Gonzales Montaos | Galicia | |
23 | Domingo Fernández de Campomanes | Asturias | |
24 | Gerónimo Antonio Díez | Salamanca | |
25 | Blas Ostolaza | Perú | |
26 | Antonio Joaquín Pérez | Puebla de los Ángeles | |
27 | Antonio Joaquín Pérez | Galicia | Presbítero |
28 | Carlos Martínez Casaprin | Asturias | |
29 | Ángel Alonso y Pantiga | Iucatán | |
30 | Fermín Martín Blanco | Galicia | |
31 | José Cayetano de Foncerrada | Valladolid de Mechoacan | |
32 | Cayetano de Marimón | Cataluña | Militar |
33 | Gerardo José Andrés Vázquez Parga | Galicia | Bispo de Salamanca |
34 | Manuel María Aballe | Galicia | Rexedor perpetuo de Rui |
35 | Jacinto Rodríguez Rico | Zamora | Posteriormente, foi bispo de Cuenca |
36 | Gerónimo Lorenzo | Toro | |
37 | Antonio de Arce | Estremadura | Militar |
38 | Juan Manuel de Rengifo | Ávila | |
39 | Diego Martín Blanco Serrallas | Sevilla | |
40 | José Zorrilla de la Rocha | Toledo | Presbítero |
41 | Prudencio María de Verástegui | Álava | |
42 | Luis de Luján y Monroy | Toledo | |
43 | Tadeo Gárate | Puno | |
44 | Pedro García Coronel | Trujillo del Perú | |
45 | José Gavino de Ortega y Salmon | Trujillo del Perú | |
46 | Manuel Ribote | Burgos | |
47 | Mariano Rodríguez de Olmedo | Cidade da Prata e provincia de Charcas | |
48 | Andrés Mariano de Cerezo y Muñiz | Burgos | |
49 | Salvador Samartín | Nova España | |
50 | Benito Sáenz González | Toledo | |
51 | Joaquín Palacín | Aragón | |
52 | Juan Capistrano Pujadas | Aragón | |
53 | Nicolás Lamiel y Venages | Aragón | |
54 | Juan Francisco Martínez | Aragón | |
55 | Pedro Aznar | Aragón | |
56 | Bartolomé Romero y Montero | Granada | |
57 | Ramón María de Adurriaga | Burgos | |
58 | Pedro Vidal | León | |
59 | Agustín de Cáceres | Segovia | |
60 | Alexandro Izquierdo | Soria | En 1816, foi arcediano de Burgos |
61 | Pedro Díez García | Estremadura | |
62 | Bonifacio de Tossantos | Burgos | |
63 | Luis de León | Segovia | |
64 | Francisco López Lisperguer | Bos Aires | |
65 | Tadeo Segundo Gómez | Aragón | |
66 | Domingo Balmaseda | Soria | |
67 | Manuel Carasa | Sevilla | |
68 | José Miralles | Valencia | |
69 | Antonio Colomer | Valencia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Queralt, María Pilar (2002). Atlas Ilustrado de la Historia de España. Madrid: Susaeta. p. 147. ISBN 9788430558339.
- ↑ "Diario de Madrid, Números 182-364". p. 169. Consultado o 1 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Incausa Moros, José M.ª (2012). Institución «Fernando el Católico», ed. "Los clérigos absolutistas: Luis Joaquín Palacín y Jerónimo Castillón". Revista de Historia Jerónimo Zurita (Zaragoza) (87): 85–95. ISSN 0044-5517.