Mónica Carrera Mouriño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (47/48 anos) Ponteareas, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | investigadora, científica |
Empregador | Consello Superior de Investigacións Científicas (2018–) |
Mónica Carrera Mouriño, nada en Ponteareas en 1977, é unha científica galega. A súa especialidade é a proteómica avanzada e a bioloxía de sistemas, no contexto da seguridade alimentaria e a alerxia aos alimentos de orixe mariña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo (1996-2000). Realizou a súa tese de doutoramento sobre proteómica e autentificación de alimentos de orixe mariña no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) no ano 2008.[1] Realizou a súa primeira estancia de post-doutoramento no Institute of Molecular Systems Biology de Zürich[2] durante os anos 2008 ao 2013. No ano 2013 obtivo un contrato Marie Curie que desenvolveu no IIM-CSIC entre 2013 e 2015. No 2015 foi convidada pola empresa Thermo Fisher Scientific para traballar en California. Posteriormente, no 2018 obtivo un contrato como Investigadora Ramón y Cajal no IIM-CSIC de Vigo. Desde agosto de 2020 é Científica Titular do IIM-CSIC onde está traballando na actualidade.
Carrera é experta en Proteómica Top-down e bottom-up para o control da calidade e seguridade dos alimentos. A súa actividade e experiencia científica viuse reflectida coa participación e liderado de numerosos proxectos nacionais e internacionais, colabora activamente impartindo clases oficiais en diferentes programas de mestrado e doutoramento, participa en diferentes actividades de divulgación da ciencia e é conselleira de diferentes sociedades internacionais de Proteómica e Alimentos. É autora de máis de 50 publicacións científicas.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2009: Premio á mellor Tese de Doutoramento 2009. Deputación de Pontevedra.
- 2010: Premio á mellor publicación científica 2010. Sociedade Española de Proteómica[4] (SEProt).
- 2012: Premio á mellor moderadora de Congreso. Sociedade Española de Proteómica[4] (SEProt).
- 2016: Premio de Investigación Ernesto Vieitez 2016 á Mellor Publicación Científica. Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).
- 2017: Distinción honorífica Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teseo". www.educacion.gob.es. Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ "Institute of Molecular Systems Biology". imsb.ethz.ch (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ "Monica carrera - Search Results - PubMed". PubMed (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "SEPROT" (en inglés). 5 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 14 de abril de 2021.