Lucas di Grassi
(2018) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (mul) Lucas Tucci Di Grassi 11 de agosto de 1984 (40 anos) São Paulo, Brasil | ||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2 de decembro de 2017 | Temporada de Fórmula E de 2017–18 (pt) | ||||||||||||||||
9 de outubro de 2016 | Temporada de Fórmula E de 2016–17 (pt) | ||||||||||||||||
2015 | 2015 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) (4º) | ||||||||||||||||
2014 | 2014 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) (4º) | ||||||||||||||||
2013 | 2013 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) (9º) | ||||||||||||||||
2012 | 2012 Drivers' World Endurance Championship (pt) (22º) | ||||||||||||||||
Temporada de Fórmula E de 2015–16 (pt) | |||||||||||||||||
Tempada 2014-15 da Fórmula E | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||
Sitio web | lucasdigrassi.com.br | ||||||||||||||||
Lucas Tucci di Grassi, nado en São Paulo o 11 de agosto de 1984, é un piloto de carreiras automobilísticas brasileiro. Desde 2006 compite en GP2 Series e en 2010 debuta en Fórmula 1 co equipo Virgin Racing.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debuta en 1997 no karting brasileiro, rapidamente ascende e en 1998 proclámase campión suramericano júnior de karting e un ano despois faise co título do panamericano de Fórmula A e o cuarto posto da FA brasileira. En 2002, ingresa na Fórmula Renault Brasil obtendo dúas vitorias que o deixarían no segundo lugar do campionato. Para 2003 obtén o sub-campionato da Fórmula 3 suramericana disputando unicamente 12 das 18 carreiras.
Para o ano 2004, Di Grassi é seleccionado por Renault F1 para o Programa de Desenvolvemento de Pilotos. Ese mesmo ano chega á Fórmula 3 Internacional obtendo unha vitoria no campionato europeo. Logo acada o título de campión no Gran Premio de Macau de Fórmula 3.
GP2 Series
[editar | editar a fonte]En 2006 Di Grassi pasa á GP2 co equipo Durango, pero só logra sumar 8 puntos para finalizar 16º. Non obstante, a finais de 2006, é fichado polo equipo campión de GP2, ART Grand Prix, para a temporada 2007 de GP2 Series. Tras este ano, no que foi subcampión por detrás de Timo Glock, foi contratado polo equipo Renault como primeiro piloto probador da escuadra, axudando aos dous pilotos oficiais, Fernando Alonso e Nelson Piquet Jr., a desenvolver o coche e estando listo para substituír a algún deles en calquera carreira se fose necesario.
Para 2008, o equipo Campos Grand Prix chamouno na cuarta cita do campionato de GP2 para substituír a Ben Hanley. Di Grassi volveu da mellor maneira posible, ao conseguir un podio na primeira carreira. De aí ao final da tempada conseguiu tres vitorias e seis podios que lle valeron para terminar na terceira posición do campionato, a pesar de incorporarse ao mesmo case a mediados de tempada. Posiblemente, se temos en conta eses datos esta fose a súa mellor tempada na categoría. De cara a 2009, Di Grassi tivo opcións de ser piloto oficial da escuadra Honda de Fórmula 1, pero finalmente seguiu na GP2 con Racing Engineering. Di Grassi obtivo o terceiro posto final no campionato 2009 de GP2. Iso desatou os rumores que o colocaban na F1 con Virgin Racing.
Fórmula 1
[editar | editar a fonte]O 12 de decembro de 2009, Lucas di Grassi anunciou a fichaxe pola escuadra Virgin Racing de Fórmula 1, sendo piloto titular e compañeiro de Timo Glock. Na súa primeira carreira, en Bahréin, clasificouse no 23° posto, pero en carreira un fallo do motor fai que abandone. En Malaisia, Di Grassi consegue acabar a súa primeira carreira e tamén a do seu equipo.
Resultados completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte]- As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Escuadra | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Posto | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010* | Virgin | BAH Ret |
AUS Ret |
MYS 14 |
CHN Ret |
ESP 19 |
MON Ret |
TUR 19 |
CAN 19 |
EUR 17 |
GBR Ret |
GER Ret |
HUN 18 |
BEL 17 |
ITA 20 |
SIN 15 |
JPN NTS |
RCO Ret |
BRA NC |
ABU 18 |
21º | 0 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lucas di Grassi |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en portugués)