Saltar ao contido

Lotaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quiosco da ONCE

A lotaría ou lotería é un xogo de azar que consiste en acertar os números dun billete previamente comprado cos números extraídos dunha tómbola ou un recipiente que garanta que sexan extraídos ao chou. Os números do devandito billete poden xa estar preimprimidos ou ben ser elixidos polas propias persoas. O número de acertos poden ser todos ou parte dos número do billete. Ao gañador ou gañadores entrégaselles un premio en diñeiro ou especies. Polo xeral se non hai gañadores para un sorteo o premio acumúlase para o seguinte.

En España os principais sorteos da lotaría son organizados por Loterías y Apuestas del Estado e a ONCE.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]