Lorenzo Sanz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Lorenzo Sanz Mancebo 9 de agosto de 1943 Madrid, España |
Morte | 21 de marzo de 2020 (76 anos) Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, España |
Causa da morte | COVID-19 |
14º Presidente do Real Madrid Real Madrid CF | |
26 de novembro de 1995 – 16 de xullo de 2000 ← Ramón Mendoza – Florentino Pérez → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | futbolista, promotor inmobiliario |
Período de actividade | 1985 - |
Deporte | fútbol |
Familia | |
Fillos | Lorenzo Sanz Durán, Francisco Sanz Durán, Fernando Sanz |
Descrito pola fonte | Lorenzo Sanz, Who Led Comeback of Real Madrid, Dies at 76 (en) |
Lorenzo Sanz Mancebo, nado en Madrid o 9 de agosto de 1943 e finado na mesma cidade o 21 de marzo de 2020, foi un empresario español. Exerceu como o 14º presidente do Real Madrid, cargo que ocupou entre 1995 e 2000, e foi tamén propietario do Málaga CF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa mocidade xogou ao fútbol como porteiro en varios equipos modestos de Madrid, entre eles o Puerta Bonita.[1] Como empresario fixo fortuna no sector inmobiliario e da construción. Estivo vencellado a Fuerza Nueva, partido de extrema dereita do que xestionaba a publicidade.[2]
En 2018 foi condenado a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 1,2 millóns de euros pola ocultación a Facenda de ingresos por valor de 6 millóns de euros.[3]
Presidencia do Real Madrid
[editar | editar a fonte]Foi directivo do Real Madrid de 1985 a 1995. O 26 de novembro de 1995 converteuse no 14º presidente do Real Madrid despois de que Ramón Mendoza se vise obrigado a dimitir polos problemas económicos, sociais e deportivos do club. Sanz intentou darlle a volta ao club fichando estrelas como Davor Šuker e Predrag Mijatović. En 1998 o equipo volveu gañar a Liga de Campións 32 anos despois, e repetiu título no ano 2000.[1]
Tras os dous triunfos na Liga de Campións, Sanz celebrou eleccións anticipadas para a presidencia do club en 2000, pero perdeunas ante Florentino Pérez.[4] En 2006 presentouse unha vez máis ás eleccións para a presidencia do Real Madrid, quedando en cuarto lugar, por detrás de Ramón Calderón, Juan Palacios e Juan Miguel Villar Mir.[5]
En xullo de 2006 comprou o Málaga CF e colocou como presidente ao seu fillo Fernando.[6] Vendeu o club en 2010 a un investidor catarí por un importe de 50 millóns de euros.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Luz Durán Muñoz, coa que tivo cinco fillos. O maior deles, Lorenzo, foi xogador de baloncesto e membro do Real Madrid, mentres que Paco e Fernando foron futbolistas, chegando a xogar ambos na Primeira División.[8] A súa filla Malula casou co futbolista galego Míchel Salgado.[1]
Faleceu por COVID-19 na noite do 21 de marzo de 2020 aos 76 anos de idade.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Ortego, Enrique (21 de marzo de 2020). "Muere de coronavirus Lorenzo Sanz, el presidente de la Séptima y Octava Copas de Europa del Real Madrid". El País (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ "Lorenzo Sanz". El Mundo (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ "La Justicia condena a Lorenzo Sanz a tres años de cárcel y una multa de 1,2 millones por fraude". El Mundo (en castelán). 7 de novembro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ "Lorenzo Sanz, Who Led Comeback of Real Madrid, Dies at 76". The New York Times (en inglés). 22 de marzo de 2020. ISSN 0362-4331. Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ "Ramón Calderón gana las elecciones del Real Madrid". Cadena SER (en castelán). 2 de xullo de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ "Fernando Sanz se presenta a plantilla del Málaga como nuevo presidente" (en castelán). 1 de agosto de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ "Málaga readies itself for top table". El País (en inglés). 2 de agosto de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ Miguélez, José (7 de xuño de 1999). "Las confesiones de Paco Sanz" (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 28 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía no sitio web do Real Madrid. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013 (en castelán).