Lino Braxe
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1962 Mugardos, España |
Morte | 25 de decembro de 2020 (58 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | director teatral |
Empregador | Radio Nacional de España |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e teatro |
Lino Braxe Mandiá, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1962 e finado na Coruña o 25 de decembro de 2020[1], foi un actor, director de teatro e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galiza. Dirixiu, ata o seu pasamento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Tamén foi locutor de Radio Nacional de España durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Banquete, 1990, Sotelo Blanco.
- Territorios (Poemas, parábolas e contos), 1992, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia.
- Entre ruínas, 1996, Espiral Maior.
- Árdora, 1997, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- A caricia da serpe, 1999, Espiral Maior.
- O sangue dos árabes, 1999, Xerais.
- Poemas obxecto e visuais, 1999, Espiral Maior.
- O longo día acaba, 2002, Deputación da Coruña.
- Alaridos, 2006, Deputación da Coruña.
- Baixo o sol de Mesina, 2008, A. C. Caldeirón.
- Diálogo dos mortos e a noite ou O segredo enamorado, 2008, Espiral Maior.
- Poemas gardados (2022). A Coruña: Medulia. 164 páxs. ISBN 978-84-125532-6-0. Póstumo.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- A memória perdida, 1990, Vía Láctea.
- A cor do ceo, 1999, Xerais.
Teatro
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O conde vampiro, 1995, Sotelo Blanco.
- O botín da miseria, 2011, Everest Galicia.
- Sidi, unha viaxe cara a vida (2022). A Coruña: Hércules de Ediciones. 32 páxs. ISBN 9788418966309. Ilustracións de María Braxe.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Marisa Soto: a voz máis humana, 1999, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
- Obra dramática completa, de Jenaro Marinhas del Valle, 2006, Espiral Maior.
- Mascarón azul: historias do mar, 2007, Autoridade Portuaria da Coruña.
- Amarga memoria, de Jenaro Marinhas del Valle, 2008, Espiral Maior.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- De amor e desamor. I. II, 1984 e 1985, Ediciós do Castro.
- Igor de Albatros en Selene, 1985, Cen Augas.
- Galicia Emigrante (1954-1971). Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane, 1989, Ediciós do Castro. Con Xavier Seoane.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- Figuraciós, de Luís Seoane, 1990, Deputación da Coruña. Escolma, edición e estudo con Xavier Seoane.
- O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
- XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
- Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
- A máxia da palabra: Cunqueiro na rádio, 1991, Sotelo Blanco. Con Xavier Seoane.
- Premios Pedrón de Ouro. Premios do "Certame Nacional Galego de narracións breves Modesto R. Figueirido" da Fundación do Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Ediciós do Castro.
- O camiño das estrelas, 1993, Elsinor Teatro.
- O cine e a fotografía. Luís Seoane, 1994, CGAI. Con Xavier Seoane
- Luís Seoane e o teatro, 1996, Ediciós do Castro. Con Xavier Seoane.
- Luís Seoane: textos sobre arte, 1996, Consello da Cultura Galega. Con Xavier Seoane.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- María Triángulo, 2001, Sotelo Blanco. Con Ana Pontón.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Luces no Atlántico: unha homenaxe á Torre de Hércules, 2008, Autoridade Portuaria da Coruña. Con Rómulo Sanjurjo.
- De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña.
- En defensa do poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Editorial Toxosoutos.
- Lois Pereiro: fotobiografía sonora, 2010, Ouvirmos.
- Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia.
- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- Ulises, 2011, Everest Galciia. Literatura infanto-xuvenil, en colaboración con Ana Pontón.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[2]
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Actor
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]- Mosteiros (TVG).
- Pratos combinados (TVG).
- Mareas vivas (TVG).
- Rías Baixas (TVG).
- Galicia Exprés (TVG).
- A vida por diante (TVG).
Cine
[editar | editar a fonte]- Un café de ollos verdes, 1992 (mediametraxe).
- Sen motivo aparente, 1994 (curtametraxe).
- Afonía, 1996 (curtametraxe).
- A mercería, 2000 (curtametraxe).
- O trasto, 2002 (curtametraxe).
Premios
[editar | editar a fonte]- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 1991, por Anatomías.
- Gañador do Concurso de Teatro Breve do Facho en 1991, por A actriz.
- Accésit do Premio Esquío de poesía en 1996, por Árdora.
- Accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés en 2002, por O longo día acaba.
- Finalista XIII edición do Premio Miguel González Garcés en 2006, por Alaridos.
- Accésit no Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas do 2007, por Baixo o sol de Mesina.
- Mención de honra do Premio Estornela de Teatro para nenos no 2012, por O corazón do bosque.
- Foi nomeado Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo en 2022.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (25 de decembro de 2020). "Falece aos 58 anos o actor e escritor Lino Braxe". Nós. Consultado o 25 de decembro de 2020.
- ↑ libro electrónico
- ↑ "Lino Braxe, nomeado Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo". Nós Diario. 2022-05-23. Consultado o 2022-05-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lino Braxe |