Leticia Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Leticia Iglesias García 27 de decembro de 1979 (44 anos) O Carballiño, España |
Director of communications (en) Coca-Cola Iberian Partners (en) | |
2014 – 2017 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) |
Educación | Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela - Licenciatura en xornalismo (1997–2001) Instituto de Empresa - economía |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , director of communications (en) , presentadora de televisión , presentadora de novas |
Período de actividade | 2001 - |
Empregador | Coca-Cola Iberian Partners (en) (2014–2017) Mediaset España (2011, 2017–2014) Grupo PRISA (2004–2010) Grupo Recoletos (en) (2002–2004) Corporación de Radio e Televisión de Galicia (2001–2002) RTVE (2001–2001) |
Lingua | Lingua castelá, lingua galega, lingua portuguesa, lingua francesa e lingua inglesa |
Leticia Iglesias García[1], nada no Carballiño en 1979, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Cursou un mestrado en Xornalismo Audiovisual e especializouse en Economía e Finanzas polo Instituto de Empresa.[2]
Comezou a traballar facendo prácticas en Televisión Española e Radio Galega. Despois estivo no canal de televisión Expansión TV como correspondente da Bolsa de Madrid, e en 2004 pasou a CNN+ na sección de economía[3], e compaxinou o seu traballo de redacción coa presentación de Globoeconomía.[2] En 2005 incorporouse á edición dos informativos de CNN+, e en xuño de 2011[3] foi contratada polo grupo de comunicación Mediaset España para presentar o informativo matinal de Telecinco.[4][5] En novembro de 2014 foi nomeada Directora de Comunicación de Coca-Cola.[6] En xullo de 2017 incorporouse a Mediaset España, Informativos Telecinco como presentadora substituta e editora do primeiro informativo da cadea.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 29 de setembro de 2012 casou con Juan Tejón Borbón —neto de Leandro de Borbón— no Pazo de San Lourenzo.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Antena de Plata (2012)[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil de Linkedin de Leticia
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Telecinco, ed. (20 de xullo de 2012). "De tiendas con… Leticia Iglesias". Mediaset España Comunicación. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 cuatro.com, ed. (6 de marzo de 2009). "Leticia Iglesias". Mediaset España. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ Redacción (23 de xaneiro de 2011). El economista, ed. "Las candidatas de Telecinco para cubrir la 'vacante' en sus informativos". Ecoprensa. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ Vertele, ed. (8 de agosto de 2012). "Ana Pastor debe fichar por laSexta". Lavinia Editorial. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ Redacción (21 de novembro de 2014). PRComunicación, ed. "Coca-Cola nombra nueva directora de comunicación a Leticia Iglesias, periodista de T5". PRNoticias. Consultado o 21 de novembro de 2014.
- ↑ Fernández, Luis (3 de outubro de 2012). "La otra boda de Leticia con un Borbón". elconfidencial.com. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ Redacción (5 de setembro de 2012). Vertele, ed. "Marca TV, Ramón García, Leticia Iglesias, Sandra Sutherland y Roberto Leal, Antenas de Plata 2012". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]