Leave Me Alone
Aparencia
«Leave Me Alone» | |||||
---|---|---|---|---|---|
Sinxelo de Michael Jackson | |||||
do álbum 'Bad' | |||||
Lanzamento | 13 de febreiro de 1989 (Non lanzada en USA) | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1987 | ||||
Xénero musical | Funk | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 4:40 (versión álbum/sinxelo) | ||||
Discográfica | Epic | ||||
Produtor(es) | Quincy Jones Michael Jackson (co-produtor) | ||||
Escritor(es) | Michael Jackson | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Leave Me Alone" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson. A canción forma parte do sétimo álbum de estudio de Jackson, Bad, e foi o oitavo sinxelo extraído do álbum, mais non foi lanzado nin nos Estados Unidos nin no Canadá. "Leave Me Alone" foi gravada durante as sesións orixinais do álbum, pero a canción só aparece nas edicións en CD de Bad como un bonus track, así como nas versións en casete de 2001. Foi escrita e composta por Jackson e producida por Quincy Jones (con coprodución de Jackson).
Internacionalmente, a canción foi un éxito, acadando o número un e dous en Irlanda e no Reino Unido respectivamente. Colocouse no "top 10" en Bélxica, Nova Zelandia e España. "Leave Me Alone" foi ben acollida pola crítica musical.