Laura Ponte Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1973 (51 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | modelo |
Laura Ponte Martínez, nada en Vigo o 9 de xuño de 1973, é unha top model galega. Durante anos foi considerada unha das modelos máis importantes de España e do mundo.[1] Mide 1,77 m, e ten unhas medidas de 89-60-89.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi descuberta con 19 anos mentres estudaba Ciencias Políticas en Londres,[2] e pouco despois gañou o prestixioso premio Look of the year organizado pola axencia Elite,[3] o que supuxo o inicio dunha exitosa carreira, na que chegou a traballar para deseñadores como Valentino, Ralph Lauren, Hugo Boss ou Christian Lacroix[4] e a colaborar con fotógrafos como Steven Meisel, Richard Avedon ou Mario Testino.
En 1996 era a terceira modelo mellor pagada do mundo segundo un estudo da revista Harper's Bazaar[5] e desde 1998 ostentou o cargo de "Embaixadora da moda galega.[6]
Tras abandonar as pasarelas seguiu relacionada co mundo da moda, sendo a imaxe de marcas como Amichi e Cortefiel[7] e colaborando con algunha das revistas de moda máis importantes do sector en España como Telva[8] ou Elle.[9]
En setembro de 2004 casou con Luis Beltrán Ataúlfo Gómez-Acebo Borbón,[10] fillo da infanta Pilar de Borbón e sobriño do rei Xoán Carlos I, converténdose desde entón en habitual das revistas da prensa rosa. O matrimonio divorciouse en 2011.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía en Hola! (en castelán).
- ↑ Biografía Arquivado 18 de setembro de 2009 en Wayback Machine. en Vogue (en castelán).
- ↑ "La parejita de Laura Ponte", artigo en Las Provincias, 7 de xullo de 2006 (en castelán).
- ↑ Artigo Arquivado 23 de xuño de 2009 en Wayback Machine. na web de Supermodelo 2006 (en castelán).
- ↑ "El triunfo mundial de las españolas Esther Cañadas y Laura Ponte", artigo en El Mundo (en castelán).
- ↑ "Regreso a Cibeles", artigo en ABC, 17 de febreiro de 2002 (en castelán).
- ↑ "Laura Ponte entre Amichi y Cortefiel", artigo en Cosas de moda (en castelán)
- ↑ "Un día con Laura Ponte", artigo en Telva, 17 de marzo de 2008 (en castelán)
- ↑ "La belleza de Laura Ponte" Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., artigo en Elle (en castelán).
- ↑ "La Familia Real en pleno asiste a la boda de Beltrán Gómez Acebo y Laura Ponte", noticia en www.terra.es (en castelán).
- ↑ Alberto Pinteño (25 de febreiro de 2015). "Laura Ponte: "Si la infanta ha cometido delito deberá ser consecuente. Aunque le tengo mucho cariño, es una buena chica"". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2018.