Saltar ao contido

Ketevan Arakhamia-Grant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKetevan Arakhamia-Grant

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ka) ქეთევან არახამია Editar o valor en Wikidata
19 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Ochamchira (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Xeorxia (–2008)
Escocia (2008–) Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1983)
Mestra Internacional Femenina (1986)
Gran Mestra Feminina (1987)
Mestre Internacional (1993)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (2009) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.506 (2009)<
Identificador FIDE13600168 Editar o valor en Wikidata
Participou en
2018Women's Chess Olympiad 2018 (en) Traducir
2016Women's Chess Olympiad 2016 (en) Traducir
2014Women's Chess Olympiad 2014 (en) Traducir
2012Olimpíada de xadrez de 2012 (pt) Traducir
2010Olimpíada de xadrez de 2010 (pt) Traducir
2008Olimpíada de xadrez de 2008 (pt) Traducir
2002Women's Chess Olympiad 2002 (en) Traducir
1998Women's Chess Olympiad 1998 (en) Traducir
1996Women's Chess Olympiad 1996 (en) Traducir
1994Women's Chess Olympiad 1994 (en) Traducir
1990Women's Chess Olympiad 1990 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Ketevan Arakhamia-Grant (de solteira Arakhamia), nada en Ochamchira (RSS de Xeorxia, URSS) o 19 de xullo de 1968, é unha xadrecista escocesa de orixe xeorxiana soviética. Posúe o título de Gran Mestre.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1985 gañou o Mundial Junior de Xadrez feminino, celebrado en Dobrna (Eslovenia), e logrou a prata en Adelaida (Australia) tres anos máis tarde. En moi pouco tempo cumpriu os requirimentos de Mestra Internacional Feminina, título que recibiu en 1986. Nos ciclos de clasificación de finais dos 80 e inicios dos 90, demostrou a súa habilidade para competir a un alto nivel. No seu primeiro Interzonal en Tuzla (1987) logrou o segundo posto por detrás de Nana Ioseliani. Tras aquel inspirador inicio gañou a edición de 1993 en Iacarta e a de 1995 en Chișinău. Porén, os seus resultados nos respectivos Torneos de Candidatos non lle permitiron competir polo título mundial.

Gañou o Campionato Soviético Feminino de Xadrez en 1990.

Á parte dos campionatos mundiais, logrou a vitoria nos Abertos Femininos de Biel (1990)[1] e Xenebra (1991). Ese ano gañou tamén a Copa Doeberl en Canberra, a primeira muller en facerse con ese trofeo. No Torneo de Hastings de 199394, logrou posicionarse por diante de seis Grandes Mestres homes e eliminou tres deles, co que acadou o terceiro posto compartido. Respecto ás xadrecistas mulleres en Hastings, ficou en segundo lugar, só por detrás de Judit Polgár.

Na década de 1990 participou nos torneos Veterans vs Ladies (Veteranos vs Mulleres). Neles venceu a Borislav Ivkov, Vlastimil Hort, Vasilii Smyslov e Mark Taimanov.

En 1996 casou con Jonathan Grant, tamén xadrecista, e estabelecéronse en Edimburgo. Alí tivo a súa filla Elena.

Na modalidade de equipos, Arakhamia debutou nas Olimpíadas de Xadrez en Novi Sad (1990) no equipo feminino da URSS como primeira reserva, cunha puntuación perfecta de 12/12. Co equipo soviético e máis tarde co xeorxiano, gañou nove medallas olímpicas, entre elas dúas por equipos e tres ouros individuais. Nos Campionatos Europeos de Xadrez por Equipos logrou un ouro en Pula 1997 e dúas pratas para Xeorxia en Debrecen 1992 e Gotemburgo 2005.

Malia emigrar ao Reino Unido, Arakhamia seguiu a representar a Xeorxia durante moitos anos por ser membro da federación de xadrez do seu país. Foi Campioa feminina de Xeorxia en 1983, 1984 e 1990. En xaneiro de 2008 federouse no seu país de adopción.

En 2001 gañou a medalla de bronce no Campionato Individual Europeo feminino en Varsovia. Foi campioa de Escocia xuntamente con Paul Motwani en 2003, a primeira muller en conseguilo. Participou no Campionato Británico e gañou as edicións de 2003, 2004, 2006 e 2007 na modalidade feminina.[2] En 2006 foi a primeira muller en lograr o segundo posto cando finalizou tras o gañador absoluto do Campionato, Jonathan Rowson.[3] Concluíu cun resultado de 4½/5, cunha vitoria ante Nicholas Pert na última rolda. Ese mesmo ano o seu marido logrou a vitoria no Campionato escocés, co que se converteron no primeiro matrimonio en gañar un campionato nacional. Tamén en 2006, en Batumi, apoiou o equipo australiano como adestradora da súa sección feminina Sub-10 no Mundial de Xadrez da Xuventude.

En 2007 venceu á entón campioa dos EUA Hikaru Nakamura no Festival de Xibraltar. En Filadelfia, mentres visitaba á súa irmá, logrou a vitoria no Open Mundial na categoría feminina. O torneo permitía clasificarse para o Grand Prix feminino MonRoi, celebrado en Montreal unhas semanas máis tarde. Alí, mantivo unha vantaxe compartida durante cinco roldas e logrou un cuarto posto. Nas celebracións de Liverpool como Capital europea da Cultura, participou no xogo entre o Reino Unido e a China. Foi a máxima anotadora do equipo británico con 4/6, malia que China logrou a vitoria.

Arakhamia-Grant no Campionato de Europa de 2008

En 2008, no Aberto Individual de Xadrez da UE en Liverpool, compartiu o premio á máxima anotadora feminina con Jovanka Houska e Elena Dembo. NasOlimpíadas de Dresden participou con Escocia na competición principal e logrou a norma definitiva para o título de Gran Mestra Feminina, cunha vitoria na rolda final. Como ademais acadara o mínimo de 2500 puntos Elo na lista FIDE de xaneiro de 2009, recibiu o título en marzo dese ano, co que se converteu na sexta Gran Mestre de Escocia. En agosto de 2009 Arakhamia-Grant gañou o Torneo Internacional Raíña Báltica en San Petersburgo.[4]

En xullo de 2011 proclamouse gañadora absoluta do Campionato de Escocia, cunha puntuación de 7/9.

  1. "Biel Open (Women) (1990)". Chessgames (en inglés). 
  2. Speelman, Jonathan (20 de agosto de 2007). "Speelman on Chess". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  3. Short, Nigel (24 de agosto de 2006). "The king and I". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  4. "Ketevan Arakhamia-Grant wins Baltic Queen chess tournament". Chessdom (en inglés). 20 de agosto de 2009. Consultado o 3 de febreiro de 2024.