Kanahus Manuel
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | indixenista |
Kanahus Manuel, tamén coñecida como Kanahus Freedom, é unha activista indíxena pertencente aos pobos shuswap e kutenai, orixinaria da Columbia Británica, no Canadá. É membro do grupo de activistas Tiny House Warriors.
Nai de catro fillos, rexeitou rexistralos como maneira de protestar contra o goberno canadense e os seus regulamentos provinciais e federais. Tamén usou este feito como unha declaración de descolonización, para subliñar a condición dos seus fillos como membros das Primeiras Nacións.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manuel é membro da banda Neskonlith da Columbia Británica. Manuel, quen ten unha irmá xemelga (Mayuk Manuel) naceu no seu dunha familia moi política. Son fillas de Beverly e Arthur Manuel, un activista.[3] O seu avío paterno, George Manuel, exerceu entre 1970-1976 como xefe nacional da Asemblea das Primeiras Nacións.[3] e foi presidente fundador do Consello Mundial dos Pobos Indíxenas. A súa tía, Doreen Manuel, é cineasta.[4] A súa tía, Vera Manuel, é poeta e dramaturga.
En 2018, Manuel casou con Orlando Watley (do pobo chickasaw), quen estivo dende 1994 na Prisión Estatal de Calipatria, un cárcere de máxima seguridade de California.[5] De acordo co Proxecto pola Inocencia de Orlando Watley, Watley foi absolto dos cargos dun roubo/homicidio en 1993, e con 19 de idade, foi detido e condenado falsamente en 1994 por un delito de triplo homicidio.[6] Mantendo que é inocente, está encarcerado dende entón e cumpre cadea perpetua.
Manuel ten catro fillos, todos os cales naceron fóra dun hospital. Non rexistrou ningún deles para a certificación de nacemento, polo que están indocumentados. Por nacemento, estarían clasificados como "indios con status" no Canadá e terían dereito a certos beneficios, pero ela non quixon que caesen baixo a regulación gobernamental.
Obras
[editar | editar a fonte]- 2017: "Decolonization: The frontline struggle" en Whose Land Is It Anyway? A Manual for Decolonization. Federation of Post-Secondary Educators of BC.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "An indigenous mom explains why she doesn't register her kids with the government". www.vice.com (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2018.
- ↑ "Indigenous activist arrested after Trans Mountain protest in B.C.". www.theglobeandmail.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Front Line Freedom". briarpatchmagazine.com (en inglés). Consultado o 2018-03-19.
- ↑ "B.C. aboriginal leader Arthur Manuel fought tirelessly for rights". www.theglobeandmail.com (en inglés). Consultado o 2018-03-19.
- ↑ Sarah Berman (2018-02-15). "What It's Like to Get Married in Maximum Security Prison". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2020-09-18.
- ↑ Verdin, Tom; Nunley, Shellee (1994-03-09). "Robert Louis Hogue Killers Caught". The Desert Sun. Consultado o 2021-04-23.