Saltar ao contido

Kaiukenbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O kaiukenbo (kajukenbo ou kajukembo) é unha arte marcial híbrida, que combina o karate, o judo, o jujitsu, o kempo e o wushu (kung fu). Foi desenvolta nos anos corenta do século XX en Oahu (Hawai) como método de autodefensa contra criminais e soldados da mariña americana que atacaban á poboación civil. O Kaiukenbo é por definición un método no que as defensas e os ataques mudan, é un sistema en continua evolución.

Os estilos nos que se baseou o kaiukenbo

[editar | editar a fonte]

O propio nome ten a súa orixe nas primeiras sílabas dos nomes dos compoñentes de kaiukenbo:

  • O karate coreano: tangsudo.
  • O iudo e jujitsu, de orixe xaponesa.
  • O kenpo ou kempo, de orixe chinesa e xaponesa.
  • O boxeo chinés (wushu) e americano.

Os fundadores do kaiukenbo

[editar | editar a fonte]

Cinco mestres das diferentes artes marciais existentes en Hawai uníronse neste proxecto.

  • Peter Young Yil Choo - campión hawaiano de boxeo e mestre do tangsudo,
  • Joseph Holck - mestre do Judo Kodokan e do Ju-jitsu de Danzan Ryu,
  • Frank Ordoñez - mestre do Judo Kodokan e do Ju-Jitsu de Sekeino,
  • Adriano Emperado (chamado "sijo" - "fundador") - mestre do Kara-ho kempo e do eskrima,
  • George "Clarence" Chang - mestre do boxeo chinés de Shaolin (Sil Lum "kung fu", norte e sul).

1945-1959

[editar | editar a fonte]

Durante dous anos (1945-1947) os fundadores combinaron os seus coñecementos coa práctica, testando regularmente as situacións de agresión posíbeis na vida real. Pasado un tempo decidirón chamar a este sistema de defensa "kaiukenbo" e crear a Sociedade dos Cintos Negros (Black Belt Society) e o Instituto do Autodefesa Kaiukembo. Co tempo estas ensinanzas moveranse cara a costa do Pacífico dos Estados Unidos, concretamente ata a base aérea de Travis en California, onde no ano 1958 o mestre Aleju Reyes abriu a primeira escola fóra das Illas do Hawaí. Nesa escola formaría aos membros da forza aérea dos Estados Unidos.

En 1959, o "sijo" Emperado sumou as técnicas do wushu no kaiukenbo e trocou esta arte nunha combinación fluída de técnicas duras e "suaves".

Despois de 1959

[editar | editar a fonte]

Charles Gaylord, Tony Ramos, e Aleju Reyes, que tiñan recibido os seus cintos negros de Emperado, expandiron o kaiukenbo polo continente americano, abrindo cada un deles a súa propia escola do kaiukenbo en California. En 1969, Tony Ramos adestrou con Bruce Lee co que intercambiou ideas e métodos. Aleju Reyes morreu en 1977, e Tony Ramos en 1999, en Hawai. Dende entón, Charles Gaylord é o presidente da Asociación do Kaiukenbo de América (Kajukenbo Association of America).

O kaiukenbo na actualidade

[editar | editar a fonte]

Actualmente, o kaiukenbo goza de boa saúde, estando máis asentado na sociedade que outras escolas de kempo. Aínda que contén certos aspectos de competición, concéntrase principalmente no combate real e en análises prácticas. En xeral os practicantes de kaiukenbo son iso mesmo, prácticos, repugnando golpes en puntos coma ollos ou xenitais, que poden ser permitidos se axudan na defensa contra o agresor na realidade. A maior parte de escolas de kaiukenbo evitan trucos e movementos espectaculares sen unha aplicación práctica. Os plans de estudo inclúen contras para ataques e golpes con puños, coitelos, bastóns, armas de fogo etc.

Aínda que os diferentes tipos de kaiukenbo teñan unha base común, hai variantes. O kaiukenbo está baseado en catro estilos diferentes.

Certas escolas de kaiukenbo acentúan a importancia de 26 "katas". Adoitan ser divididas en 13 "pinyans" (chamados ás veces "os xogos de Palama" - "Palama sets") e 13 "concentracións". Cada "concentración" ten o seu propio nome, que describe o seu movemento característico. Por exemplo a primeira concentración, a do "golpe do guindastre/garra do tigre", inclúe un golpe cun movemento que recorda guindastre e outro que ten un parecido coa garra do tigre. Cada movemento ten o seu significado. No exemplo anterior pode ser aplicado para bloquear un golpe co puño.

Nalgunhas escolas de kaiukenbo a oración xoga un papel importante, pero a maioría de escolas non teñen esa vertente mística. As leccións remátanse coa apelación aos tres elementos do kaiukenbo: o espírito, a mente e o corpo (cada un ten o seu propio sinal coa man). Máis tarde, os estudantes e o mestre abren as mans representando a paz e cúrvanse cunha reverencia para expresar respecto.

Os graos e os títulos

[editar | editar a fonte]
CintoTempo aproximado (meses)
branco4
amarelo5
laranxa6
violeta7
azul8
verde9
marrom III6
marrom II6
marrom I6
negro12

Os graos e os títulos son diferentes dependendo da escola. Os donos de cintos negros recibirán títulos de orixe chinesa:

  • Sijo (en chinés: "O fundador") é o grao máis alto, é o propio do fundador da escola. Este título é o empregado por Adriano Emperado.
  • Sigung ("o gran pai") significa o mestre dos mestres - sexto grao de mestría.
  • Sifu ("o pai") significa o mestre - de terceiro ata quinto grao de mestría.
  • Sibak ("o irmán máis vello") significa o asistente do mestre - a persoa que axuda no ensino - ata o terceiro grao de mestría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]