KH-9
KH-9 (Keyhole-9) ou Hexagon, foi unha serie de satélites de recoñecemento de alta resolución para substituír os KH-4B. Eran operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Os KH-9, a diferenza dos modelos anteriores, non se basearon na etapa superior dos foguetes Agena se non que se creou un bus para eles denominado SCS (Satellite Control Section). Levaban catro cápsulas de retorno de película fotográfica, que eran recuperadas por unha aeronave especialmente equipada mentres caían en paracaídas. O sistema fotográfico, construído por Perkin-Elmer, estaba formada por dúas cámaras panorámicas que conseguían 0,61 m de resolución.[1][2]
Lanzáronse 20 KH-9 mediante foguetes Titan 3D e Titan 34D entre 1971 e 1986, cun só lanzamento fallado.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
KH-9 1 | 15 de xuño de 1971 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 2 | 20 de xaneiro de 1972 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 3 | 7 de xullo de 1972 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 4 | 10 de outubro de 1972 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 5 | 9 de marzo de 1973 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 6 | 13 de xullo de 1973 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 7 | 10 de novembro de 1973 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 8 | 10 de abril de 1974 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 9 | 29 de outubro de 1974 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 10 | 8 de xuño de 1975 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 11 | 4 de decembro de 1975 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 12 | 8 de xullo de 1976 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 13 | 27 de xuño de 1977 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 14 | 16 de marzo de 1978 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 15 | 16 de marzo de 1979 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 16 | 18 de xuño de 1980 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 17 | 11 de maio de 1982 | Titan-3D | Éxito |
KH-9 18 | 20 de xuño de 1983 | Titan-34D | Éxito |
KH-9 19 | 25 de xuño de 1984 | Titan-34D | Éxito |
KH-9 20 | 18 de abril de 1986 | Titan-34D | Fallo |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KH-9 |