Saltar ao contido

Julián Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulián Delgado
Biografía
Nacementoxuño de 1934 Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1978 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Actividade
Ocupaciónempresario, xornalista Editar o valor en Wikidata

Julián Delgado, desaparecido o 4 de xuño de 1978, foi un xornalista e empresario arxentino fundador da revista Mercado, e director do xornal El Cronista Comercial. Foi secuestrado e asasinado pola ditadura militar denominada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983).

A súa vida

[editar | editar a fonte]

Na década de 1960 Julián Delgado traballou como Secretario de Redacción da Revista Primera Plana. Nesa función foi quen propuso publicar semanalmente Mafalda, a posteriormente famosa en todo o mundo historieta de Quino, a partir do 29 de setembro de 1964.

Foi fundador e dono da Revista Mercado, xunto con Raúl Sarmiento, Alberto Borrini e Mario Sekiguchi. Este grupo comprou en 1977 o xornal El Cronista Comercial, despois do secuestro do seu director Rafael Perrota, asumindo Delgado a dirección do mesmo.

O seu secuestro, tortura e asasinato

[editar | editar a fonte]

Julián Delgado foi detido-desaparecido o domingo 4 de xuño de 1978, en pleno Mundial de Fútbol. Eran as catro da tarde e lle dijo a súa muller María Ignacia Cercos de Delgado, que sairía na procura de "algo para o té". Nunca máis volveu a velo.

Os seus socios na revista Mercado, Alberto Borrini e Mario Sekigucchi, preocupados pola mala imaxe que para o goberno militar significaba o secuestro de Delgado, publicaron entón na revista a seguinte carta:

El hecho fue oportunamente informado al ministro del Interior, general Albano Harguindeguy. Pese al interés y preocupación demostrados por el ministro y a la diligencia de la Policía Federal, que merecen reconocimiento, no hay rastros suyos, ni de su automóvil. Julián Delgado nunca quiso ser protagonista; tampoco aprueba, estamos seguros, las versiones que algunos tejen sobre su desaparición, enturbiando quizás sin proponérselo la imagen del país en momentos en que estamos expuestos a las miradas de todo el mundo.[1]

A súa muller, declarou moitos anos despois que o Nuncio Papal, Monseñor Pío Laghi lle comentou que o comandante en xefe da Armada Armando Labruschini lle dixera:

Que no se decidía condenar a esos detenidos-desaparecidos a la muerte que habían sufrido todos los demás que pasaron por la ESMA, pero tampoco a dejarlos en libertad.

Dixo tamén que:

Laghi me dijo que Julián no estaba entre ellos. Quiere decir que tenía pleno acceso a la información. Durante años le estuve agradecida por sus gestiones. Pero ahora se que no puedo perdonarle su silencio cómplice. Me siento un monstruo por haber escuchado esas cosas sin reaccionar.[2]

Chamativamente, a desaparición do empresario xornalístico Julián Delgado é lembrada polo Sindicato de Prensa (UTPBA) mais non polos empresarios nin polas cámaras empresariais de medios de comunicación.[1]

  1. 1,0 1,1 "secuestrados y desaparecidos en la dictadura: las víctimas que nadie reivindica, por Rodolfo Barros e Walter Goobar na revista "Veintitrés", reproducida por Gacemail". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 30 de decembro de 2007. 
  2. "Cristianos, Postales del Sur". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2004. Consultado o 28 de decembro de 2004. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]