José María Taboada Lago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 A Coruña, España |
Morte | 7 de xaneiro de 1979 (78/79 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, escritor |
Membro de | |
José María Taboada Lago, nado na Coruña en 1900 e finado en Madrid o 7 de xaneiro de 1979, foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antigo alumno salesiano. Colaborou en El Ideal Gallego. Foi xerente da sucursal do Banco Pastor en Ribadeo (1927-1934). Representante en Galicia da Juventud Católica Española, foi tesoureiro da Federación Católico-Agraria da Coruña e dende 1927 director de Galicia Agraria, o seu órgano. Foi secretario da Junta Central de Acción Católica.
Foi detido nos primeiros días da Guerra Civil en Madrid pero axiña liberado. A finais de 1936 creou a asociación Socorro Sacerdotal e dende o verán de 1938 ata marzo de 1939 contribuíu á organización do Servizo de Información Español. Desempeñou a xefatura deste servizo secreto e foi delegado de Franco na zona republicana. En 1939 Franco concedeulle a Medalla da Campaña, a Cruz Vermella do mérito militar, dúas cruces de Guerra e a encomenda como cabaleiro da orde imperial do Xugo e as Frechas. Foi nomeado membro do Consello Supremo de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, cargo do que foi cesado ao ano seguinte polos seus contactos cos monárquicos. Finou en Madrid o 7 de xaneiro de 1979.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Los caballeros del ideal. Juventud Católica Española, 1928.
- Serafinillo, 1928.
- La Acción Católica en España. Las legiones de Cristo avanzan, 1934.
- El hombre-leyenda, San Juan Bosco. (ensayo psicológico-literario), 1944.
- Por una España mejor, 1977.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de José María Taboada Blanco.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Lago, José Ramón (2011). Universidade Católica Portuguesa, ed. "Leandro Pita Romero y José María Taboada Lago. Dos católicos por la paz en la España de entreguerras (1917-1939)" (PDF). Estudos de História Religiosa 10: 355–373.