José Escobar Magdalena
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Abrairas, España |
Morte | 1960 Baleira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua galega |
José Escobar Magdalena, nado en Abrairas (Baleira) a finais do século XIX e finado no mesmo concello en 1960, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico e alcalde de Baleira Salvador Escolar Carral.[1] Licenciouse en Medicina en 1909.[2] Foi médico municipal en Baleira. Concedéronlle a Cruz de 1ª clase de Beneficencia polos servizos prestados durante a gripe de 1918.[3]
Na época da II República, militou no Partido Republicano Gallego. Foi un dos representantes do concello de Baleira, xunto a Jesús Rico Castro, na asemblea para a aprobación do Estatuto Galego realizada na Coruña no mes de xuño de 1931.[4] Despois militou en Izquierda Republicana.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado, sancionado e internado no cárcere de Lugo dende outubro do 1937 ata agosto de 1938. Na resolución do expediente impuxéronlle a separación definitiva do servizo médico.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elisa Cuenza Luna en 1912 e foi pai de Elvira, Salvador, María de la Paz, Pura, Inés, Elisa e Julia Escobar Cuenza.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 5-8-1950, p. 3.
- ↑ El Correo de Galicia, 20 de outubro de 1909, p. 2.
- ↑ El Regional, 26 de xaneiro de 1927, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, venres, 5 de xuño de 1931, p. 1.
- ↑ El Progreso, 28-8-1951, p. 3.